31 jul 2012

O VENRES 3, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE RAFAEL CELADA

O pintor Rafael Celada amosará a súa obra en Detrás do Marco dos días 3 ao 19 de agosto.

29 jul 2012

O XOVES 2 DE AGOSTO, RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO

Volve Rubén de Lis a Detrás do Marco e ademais coa ilusión dun novo traballo debaixo do brazo. A cita é o xoves 2 de agosto (21:30 horas). Esperámosvos!

As consumicións terán un recargo de 1 euro.


19 jul 2012

O VENRES 20 DE XULLO, ACTUACIÓN DO GRUPO CLAVE DE FADO

O grupo Clave de FaDo -composto por Iria Estévez (vocalista), Pepe Piña (guitarra acústica e compositor) e Gonzalo Piña (guitarra española)- actuará mañá 20 de xullo (21:30 horas) no local Detrás do Marco (R./ Londres, s/n).


Clave de FaDo nace en Galicia no ano 2009 coa intención de crear unha formación musical diferente, que inclúa fundamentalmente, música portuguesa e galega, sendo interpretada cunha sonoridade propia, lograda a través da súa instrumentación pouco habitual para este tipo de música (bouzouqui e baixo, ademais das guitarras). Nas súas actuacións, fai un percorrido polos distintos tipos de fados e as músicas galegas máis poéticas, combinando así a frescura dos fados máis alegres coa emoción das cancións galegas e fados máis sentidos.

As consumicións terán un recargo de 1 euro. 

15 jul 2012

MAÑÁ 16 DE XULLO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE LYDIA MIRANDA “INDIA EN LA RETINA”

  • Conta a viaxe da fotógrafa á India no ano 2010
  • Colabora coa ONG Shanga India que fixo unha escola que acolle a 350 nenos e nenas.
Vigo, 15 de xullo de 2012. “India en la retina”. Así se chama a exposición da fotógrafa Lydia Miranda, que será inaugurada mañá 16 de xullo (20:30 horas) en Detrás do Marco (R./ Londres s/n). Esta exposición ten como obxectivo fundamental dar a coñecer os proxectos da Asociación Shanga India, coa que colabora a fotógrafa dende hai varios anos. Así, viaxou á India para coñecer o traballo que desenvolve esta ONG alí, onde construíu a escola “María Mariño”, que acolle a 350 nenos e nenas.



A mostra, que permanecerá en Detrás do Marco dende mañá ata o día 2 de agosto, recolle a viaxe realizada no ano 2010 por Lydia para coñecer a escola e visitar un país que lle resulta apaixonante, tal e como poderemos ver nas súas fotografías, onde destaca por riba de todo ás miradas cheas de sentimentos das e dos nenos.



Shanga India. Este colectivo naceu no ano 2004 da man de  canguesa Neneta Herrero, co obxectivo de escolarizar a nenas e nenos dunha rexión de India, moi mal comunicada. Desta forma, construíron a escola “María Mariño” na aldea de Pubai, onde acollen a 350 rapaces da zona, grazas á aportas dos colaboradores desta asociación. Gran parte do alumnado vive no propio centro (por dificultades económicas,de desprazamento ou problemas familiares), mentres que outros acoden diariamente á escola para a súa escolarización.



Este ano a ONG puido comprar un autobús e ampliar a escola cun salón de actos e un taller de costura, para dar unha saída profesional aos nenos. Dende a ONG recordan que con só 18 céntimos de euro poden dar manutención a un neno durante un día .



As fotografías que estarán expostas en Detrás do Marco poden ser adquiridas e o diñeiro recadado será entregada a este colectivo.








5 jul 2012

PRESENTACIÓN DO SEGUNDO LIBRO DA COLECCIÓN DETRÁS DO MARCO DA EDITORIAL ELVIRA

O segundo libro da colección Detrás do Marco, da editorial Elvira, xa é unha realidade: “Los colores de la sombra”, do poeta cántabro Néstor Carmona será presentado hoxe xoves 5 de xullo (21:00 horas) no café Detrás do Marco, coa presenza do poeta e do ilustrador do libro, Nelson Villalobos. É unha obra completamente artesanal, realizada mediante medios serigráficos, e cada exemplar irá numerado e asinado polo escritor e o artista.


Pola mañá, o poeta e o ilustrador atenderon aos medios de comunicación para presentar o seu traballo e explicaron cómo xurdiu o mesmo. Néstor indicou que “a pintura de Nelson Villalobos foi a inspiración dos meus poemas, e non ao revés”. Ambos son amigos dende hai moitos anos e Carmona hai 17 anos fixo unha selección de 21 obras do pintor e “a poesía está baseada no debuxo, e non ao revés como sucede habitualmente”, manifestou o poeta. O cántabro explicou que leva máis de 40 anos facendo versos e que “foi un pracer e unha honra traballar xunto a Nelson neste proxecto”. O libro estaba feito dende hai 17 anos esperando o momento, que chegou agora coa editorial Elvira.





Biografía. O autor deste segundo libro, Néstor Carmona Fernández (Santander, 1954), é un avogado e recoñecido experto en tributación internacional, que sorprende na súa faceta de poeta. Ademais de ter unha relevante produción de contidos na materia da súa especialidade, publicou varios libros de poemas: Bloc de nadie (Molinos de Agua -Madrid, 1982), Fax para violín (Tantín - Santander, 1992), Numerable ceniza (Pre-Textos - Valencia, 1999, premio “Gerardo Diego”) e El sur de la mirada (Reino del Aire -Santander, 2004).



Na rolda de prensa, ademais dos dous artistas estiveron en representación da editorial Elvira os escritores David Pérez e Enrique Sánchez. Este último recordou que o obxectivo da editorial é facer “uns libros especiais nos que intentamos conxugar a arte da literatura co arte pictórico”. Ademais, tamén asistiu a autora do primeiro libro da colección “Detrás do Marco”, Daisy Villalobos.


A Editorial Elvira comezou a súa andadura no mes de xaneiro do presente ano e fíxoo coa colección “Detrás do Marco”, que  editará tres libros no presente ano e cada un deles terá unha tirada máxima de 300 exemplares. A  editorial non pretende abranguer grandes mercados, senón que busca ese carácter íntimo e exclusivo dos libros de artista. Todos os libros  serán feitos a man con medios serigráficos, asinados polos seus autores (escritor e artista) e autenticados por un notario, dándolle o seu valor de orixinal a cada exemplar, que o converte así nun obxecto de coleccionista. Esta colección poderá ser mercada ao prezo de 60 euros para os subscritores, mentres que cada libro por separado terá un custe de 30 euros. A subscrición pode realizarse na páxina web da editorial (http://editorialelvira.wordpress.com

1 jul 2012

O 7 DE XULLO, TEATRO,AMOR E HUMOR EN DETRÁS DO MARCO

·         A compañía Abran Paso! Presenta “Cantos...Contos”, obras de curta duración sobre o amor.



O sábado 7 de xullo (21:30 horas) a compañía de teatro Abran Paso! presentará en Detrás do Marco (R./ Londres, s/n) “Cantos... Contos”, pequenas obras de teatro sobre o amor cheas de humor.



“Cantos...Contos” presenta situacións de amor dende perspectivas moi variadas, sempre dende o humor e a ironía, chegando á parodia. Amor tolo, amor verdadeiro, amor obsesivo, o primeiro amor,… cos ingredientes máis atractivos do sentimento amoroso: amantes, desexos, paixón, desenganos, infidelidades, plans de futuro…



Son pequenos contos que irán interpretando por parellas ou tríos os actores desta compañía galega (Carlos “Otis”, Guadalupe López, María Jesús Vázquez, Mónica Yañez, Nieves Pérez e Ricardo Manso) e na que buscan a participación do público asistente ao espectáculo.



A directora da obra é Esther Movilla-Castillo, licenciada en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática. Actualmente, Esther dirixe (N+1) Teatro e é docente de interpretación na Escola Municipal de Teatro de Ourense..





¡Abran Paso! é unha Asociación Cultural creada en 2005, co obxectivo de difundir o teatro en todas as súas facetas. Os seus membros, procedentes do "Obradoiro de Loly Buján" da "Casa da Xuventude" de Ourense , comparten o amor polo teatro e teñen, por separado, un currículo do máis diverso. Esta diversidade permítelles afrontar o seu obxectivo en diferentes facetas, dende as obras máis contemporáneas ata o repertorio clásico, animacións de rúa, talleres...


PRESENTACIÓN DO SEGUNDO LIBRO DA COLECCIÓN "DETRÁS DO MARCO"

Este xoves 5 de xullo realizarase a presentación do segundo libro da Colección Detrás do Marco "Los colores de la sombra", do poeta cántabro Néstor Carmona Fernández, e ilustrado tamén polo artista Nelson Villalobos. A presentación farase ás 21:00h no Café Detrás do Marco.