31 mar 2012

UNHA VEZ MÁIS, CLAVE DE FADO LOGROU EMOCIONARNOS DURANTE A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE ALBERTO GRANADA

Foi outra desas noites difíciles de olvidar, grazas a Clave de FaDo e Alberto Granada. Onte inauguramos a exposición do pintor zaragozano (con corazón xa vigués) e na mesma contamos coa actuación do grupo Clave de FaDo.
Grazas a Iria, Gon e Pepe por emocionarnos con ese son tan especial e esa voz espectacular, e grazas a Alberto Granada que no seu discurso nos fixo rir a todos. E, por suposto, grazas ao público que encheu o local e gozou con esa noite máxica.



Esperamos repetir moi pronto con tod@s!!!

30 mar 2012

DETRÁS DO MARCO COLABORA COA FUNDACIÓN MENELA NA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL SOBRE O AUTISMO

  • O café obsequiará cun chocolate ás persoas que compren ese día o conto “Un soño na bandexa”, o primeiro libro infantil con pictogramas en galego.
Vigo, 29 de marzo de 2012. Detrás do Marco colabora coa Fundación Menela na celebración do día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se conmemora o día 2 de abril.
 
Con ocasión deste día, na cidade de Vigo, a Fundación Menela e a Editorial Galaxia presentarán o conto “Un soño na bandexa” , o primeiro libro infantil con pictogramas en galego. Por fin os nenos e nenas con TEA poderán ler un conto na nosa lingua, que chega así a un espazo máis de comunicación onde a súa presenza é aínda moi cativa, e contar cunha ferramenta máis na aprendizaxe da lectura. Ademais supón un elemento de visibilización dun sistema de comunicación que está integrado nun conto que pode ser lido por calquera neno ou nena, con discapacidade ou sen ela, no camiño cara á súa normalización.

A presentación, que terá lugar o día 2 de abril ás 18h no salón de actos do Marco (rúa Príncipe 54), consistirá nunha sesión de contacontos por parte da súa autora, Mariné Lorenzo Corcoba, que xenerosamente doa os dereitos de autora á Fundación Menela, con ilustracións en directo de Jorge Vázquez e as intervencións do editor, Francisco Castro; o director xeral de Fundación Menela, Cipriano Jiménez e o concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Manel Fernández.

Ás persoas que merquen o libro ese día se lles agasallará cun vale, escrito en pictogramas, para cambiar por un chocolate na cafetería Detrás do Marco, na rúa Londres s/n.

Por outra banda, o Concello de Vigo, súmase á acción internacional Light it up blue, promovida por Autism Speaks, que consiste en iluminar de azul edificios e monumentos emblemáticos, tinguindo de azul a noite do 1 ao 2 de abril o edificio do Antigo Concello (Praza da Constitución), a Casa das Artes (Policarpo Sanz), o antigo Reitorado (Areal) e as fontes da rúa Aragón e da Gran Vía.

O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Segundo estudos epidemiolóxicos da Organización Mundial do Autismo, 1 de cada 150 nenas e nenos en idade escolar poderían presentar un Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), polo que a detección temperá debe ser unha prioridade na intervención e orientación dos TEA, contribuíndo así á defensa dos seus dereitos e mellora da súa calidade de vida, permitíndolle aos profesionais e ás familias establecer aqueles criterios máis doados de tratamento e escolarización para cada caso, de cara ao seu desenvolvemento persoal e á súa inclusión social.

Unha característica que define ás sociedades civilizadas é a forma na que axudan aos seus membros con capacidades diferentes, polo que esta data ten o obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre o autismo. A inclusión das persoas con TEA supón unha riqueza para toda a sociedade, que ten a responsabilidade de garantir a igualdade de oportunidades para todos e todas.

28 mar 2012

O 30 DE MARZO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE ALBERTO GRANADA EN DETRÁS DO MARCO

  • No acto contaremos coa actuación do grupo Clave de FaDo (20:30 horas)
O pintor Alberto Granada inaugura o venres 30 de marzo (20:30 horas) a súa exposición “A vida é un accidente”, que permanecerá en Detrás do Marco ata o día 29 de abril. No acto de inauguración actuará o grupo Clave de FaDo, que fará un percorrido pola música galega e portuguesa.



As pinturas que amosará Alberto nesta mostra son dos últimos meses, despois de que durante ano e medio traballase nunha serie que se chamou “Pinturas de Amor e Enfermidade, homenaxe a Lois Pereiro”. En “A vida é un accidente”, Granada deu un xiro total : “Quixen facer introspección, utilizar as tripas e pintar os meus propios sentimentos. Uns son absolutamente íntimos e outros influídos polos tempos convulsos nos que vivimos”.



Alberto (Zaragoza, 1970) chega á pintura do mundo do comic e a ilustración, onde realizou diferentes publicacións e recibiu varios galardóns. Viviu e pintou en Zaragoza, París, Alcalá de Henares e Vigo. Galicia adoptouno en 2007. Realizou exposicións individuais en Vigo, Zaragoza, Monforte de Lemos, Monçao (Portugal) e A Coruña. O ano pasado presentou no Museo Pazo de Tor a instalación "Lois Pereiro no Pazo de Tor", primeiro proxecto seleccionado pola Rede Museística Provincial de Lugo, dentro do proxecto "Espazos públicos de visibilidade".



A súa pintura viaxa dende o surrealismo figurativo e simbolista á abstracción máis colorista, pero sempre cun pouso escuro e dramático, herdanza dos tempos convulsos que nos tocou vivir.



Actuación musical. O grupo Clave de FaDo -composto por Iria Estévez (vocalista), Pepe Piña (guitarra acústica e compositor) e Gonzalo Piña (guitarra española)- actuará mañá 30 de marzo (20:30 horas) no local Detrás do Marco (entrada gratuíta).



Clave de FaDo nace en Galicia no ano 2009 coa intención de crear unha formación musical diferente, que inclúa fundamentalmente, música portuguesa e galega, sendo interpretada cunha sonoridade propia, lograda a través da súa instrumentación pouco habitual para este tipo de música ((bouzouqui e baixo, ademais das guitarras). Nas súas actuacións, fai un percorrido polos distintos tipos de fados e as músicas galegas máis poéticas, combinando así a frescura dos fados máis alegres coa emoción das cancións galegas e fados máis sentidos.


GRAN ACOLLIDA AO PROXECTO CINEMATOGRÁFICO "9 ONDAS"

O martes 27 de marzo celebrouse en Detrás do Marco a presentación do proxecto cinematográfico "9 Ondas", acto que tivo unha gran acollida por parte dun auditorio moi participativo e divertido.


26 mar 2012

MAÑÁ 27 DE MARZO, PRESENTACIÓN DO PROXECTO CINEMATOGRÁFICO “9 ONDAS”

Mañá 27 de marzo (20:15 horas) terá lugar o acto de presentación do proxecto cinematográfico “9 Ondas”, emprendido por elcercano.com e o director Simone Saibene.
Este proxecto fuxe do financiamento oficial, a través de institucións públicas, e opta por novas formas de unión de forzas para lograr sacar adiante esta idea.  Para iso, planearon tres fórmulas de participación: Mediante a compra de accións (cun custe de 100 euros), de participacións (50 euros) ou achegas a través de internet (a partir de 10 euros). Neste momento, este proxecto xa logrou xuntar uns 8.000 euros.
No acto de maña, presentado polo xornalista Fernando Franco, os promotores de “9 Ondas” explicarán a proposta e poderemos contemplar o making of  da mesma. Con anterioridade o proxecto xa foi presentado en Ourense, Coruña e incluso en Turín, cidades onde foi acollido con moito cariño.
Sinopse de 9 Ondas.  Na fronteira entre Galicia e Portugal, un home esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. Comeza así un camiño cara á súa verdadeira identidade.
Máis información na páxina web:
www.elcercano.com

NOVA EXPOSICIÓN EN DETRÁS DO MARCO: ALBERTO GRANADA

Chega a obra dun novo artista a Detrás do Marco: Alberto Granada inaugurará o venres 30 a exposición "A vida é un accidente", que estará colgada no café dende hoxe mesmo.

O 27 DE MARZO, PRESENTACIÓN DO PROXECTO CINEMATOGRÁFICO "9 OLAS"

O día 27 de marzo (20:15 horas) celebraremos a presentación do proxecto cinematográfico "9 Olas" de Elcercano.com e Simone Saibene. O acto será presentado polo xornalista Fernando Franco.

24 mar 2012

BO AMBIENTE E MOITO HUMOR NA PRESENTACIÓN DO LIBRO "MI PADRE COMÍA BOTONES"

Foi un acto moi distendido e de moitas risas, grazas aos presentadores do acto e ao autor do libro, Juan Sacha, que amosaron un gran sentido do humor e que fixero rir a todas e todos os presentes na presentación do libro "Mi padre comía botones", da editorial Redelibros.
Grazas a tod@s por vir!

Actuación de Indio en Detrás do Marco

Unha noite máis, puidemos gozar co seu repaso por cancións de sempre, cunha pizca de nostalxia.

20 mar 2012

ACTIVIDADES NESTA SEMANA EN DETRÁS DO MARCO

Detrás do Marco continúa coa súa aposta pola cultura e así esta semana ten varias actividades. Durante toda a semana poderá contemplarse a exposición da escola de pintura "Pincel Verde", na que participan varios alumnos do taller (dende nenos a adultos). Ademais, o xoves contaremos coa actuación musical de Indio (20:30 horas), coas súas versións de Sabina e Víctor Jara, entre outros.
E o venres presentaremos o libro "Mi padre comía botones", de Juan Sacha (20:00 horas). O acto será presentado polo editor Fran Zabaleta e Bernardo Vázquez (música).


18 mar 2012

EXPOSICIÓN DA ESCOLA DE PINTURA "PINCEL VERDE"

Dende hoxe e ata o domingo 25 de marzo poderedes contemplar en Detrás do Marco a exposición colectiva da escola de pintura "Pincel Verde".

Nesta mostra hai obra de varios alumnos de "Pincel Verde" e de todas as idades (dende os 5 anos) polo que haberá estilos moi diferentes pero sempre dende a ilusión e o amor pola pintura.

"Pincel verde" é unha tenda taller onde podes atopar todo o necesario para o mundo das manualidades, artesanía, pintura e decoración e onde tamén ofrecen clases de manualidades, pintura e debuxo durante todo o ano. As clases de pintura e debuxo son impartidas por Víctor Tajes. Podedes seguilos na páxina de facebook: Pincel Verde



15 mar 2012

APRAZADO O TALLER INFANTIL

Aprazado o taller infantil previsto para o día 18 de marzo.
En breve, informaremos sobre a nova data.

Moitas grazas e perdoade as molestias.

13 mar 2012

REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO TALLER INFANTIL DO DÍA 18 DE MARZO

Todos os nenos e nenas interesados en participar no taller infantil a celebrar o domingo 18 de marzo (12:00 horas) deben inscribirse en prensa.detrasdomarco@gmail.com, antes do mércores 14 de marzo ás 20:00 horas. É para rapaces de seis ou máis anos e unha vez inscritos, enviaremos un correo confirmando a praza e o material que necesitan. Un saudiño.

10 mar 2012

RUBÉN DE LIS FIXO AS DELICIAS DO PÚBLICO DE DETRÁS DO MARCO

Unha vez máis, Rubén de Lis logrou que durante un par de horas a crise quedase aparcada, para facernos cgozar coa súa actuación. As súas versións de grandes temas e as súas propias cancións foron as protagonistas xunto ao público de Detrás do Marco, que participou de forma activa na actuación.

Graciñas a tod@s!


6 mar 2012

TALLER INFANTIL, O DOMINGO 18 DE MARZO

Unha nova actividade para os máis pequenos. O domingo 18 de marzo (12 horas) organizamos un taller infantil para realizar un regalo para papá. Os interesados deben enviar un correo electrónico a prensa.detrasdomarco@gmail.com confirmando su interés en acudir porque son prazas limitadas e para nen@s de máis de seis anos. Ademais cada rapaz debe levar unha oveira de 12 unidades con tapa de plástico e seis bolas de poliespan, así coma papel de regalo, para a confección do agasallo para papá.

ACTUACIÓN DE RUBÉN DE LIS, O SÁBADO 10 DE MARZO

Volve a Detrás do Marco Rubén de Lis, coa súa guitarra, a facernos pasar unha tarde de boa música.
Entrada libre.

MOMENTAZO ENTRE SILVIA WOMAMI E CLAVE DE FADO

O xoves día 1 de marzo puidemos vivir un momentazo na actuación de Silvia Womami. Entre o público estaban Gonzalo e Iria de Clave de Fado, e ao final do concerto, subiron ao escenario e os tres cantaron xuntos Lela. ofrecendo un momentazo único e moi especial para todos os presentes.

Moitísimas grazas a eles!