28 feb 2012

PRESENTACIÓN DO LIBRO "MI PADRE COMÍA BOTONES", O DÍA 23 DE MARZO

O próximo día 23 de marzo (20:00 horas) presentación do libro "Mi padre comía botones", do escritor Juan Sacha. Presentarán Fran Zabaleta (editor) e Bernardo Vázquez (músico). O autor asinará exemplares dende as 19:00 horas.

24 feb 2012

E O DÍA 1 DE MARZO, SILVIA WOMAMI

Volve a Detrás do Marco outro dos nosos cantantes de cabecera, Silvia Womami, coa sua guitarra. Outra cita que non os debedes perder.

GRACIÑAS A CLAVE DE FADO E A TOD@S @S PRESENTES

Foi unha noite moi especial por todo: Por un grupo espectacular e un público marabilloso que soubo gozar coa actuación. Moitas grazas a tod@s!!!!!

22 feb 2012

MAÑÁ 23 DE FEBREIRO, ACTUACIÓN DO GRUPO ”CLAVE DE FADO”

O grupo Clave de FaDo -composto por Iria Estévez (vocalista), Pepe Piña (guitarra acústica e compositor) e Gonzalo Piña (guitarra española)- actuará mañá 23 de febreiro (20:30 horas) no local Detrás do Marco (entrada gratuíta). Clave de FaDo nace en Galicia no ano 2009 coa intención de crear unha formación musical diferente, que inclúa fundamentalmente, música portuguesa e galega, sendo interpretada cunha sonoridade propia, lograda a través da súa instrumentación pouco habitual para este tipo de música. Nas súas actuacións, fai un percorrido polos distintos tipos de fados e as músicas galegas máis poéticas, combinando así a frescura dos fados máis alegres coa emoción das cancións galegas e fados máis sentidos.

O GRUPO
Iria Estévez é a vocalista principal do grupo. A súa voz privilexiada permítelle interpretar distintos estilos, como o fado, canción galega ou bossa nova, entre outros. Aínda que xa participara en agrupacións corais como soprano, Clave de FaDo supón a súa primeira experiencia profesional. A pesar do seu curto percorrido como cantante profesional, foi unha das candidatas de Bieito Romero para ser a nova vocalista de Luar na Lubre. En canto á súa formación como cantante, Iria recibiu clases de canto da recoñecida soprano galega Mónica de Nut. Actualmente é alumna de Canto Profesional na E-trad de Vigo.
Á guitarra acústica e bouzouki temos a Pepe Piña, compositor e cun amplo percorrido na música profesional dende o seu inicio en solitario. En Lugo refunda o grupo O carro con dous dos antigos compoñentes, participando como compositor e músico no Disco Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en compañía doutros grupos punteiros como Na Lúa, Luar na Lubre, Suso Vaamonde, etc... Continúa con grupos como Haceros del Norte publicando un disco con Alfonso Gomez, Colleita Vermella e na actualidade con Taninos maduros Jazz Band e Marlon, á parte do seu proxecto persoal Pepe Piña Grupo.
Á guitarra española encóntrase Gonzalo Piña. Gonzalo conta cunha ampla experiencia musical formando parte de numerosos grupos como baixista (Daclub!, Dask ou Pepe Piña Grupo) participando ademais na creación dalgúns dos temas musicais. Ademais Gonzalo Piña levou a cabo un proxecto musical independente que se materializou nun disco (Parallel Universe) sendo o seu creador e produtor musical. Así mesmo realizou a B.S de diversas obras para compañías de teatro e danza contemporánea (Señor Serrano, Área Tangent ou Ferrán Utzet).







20 feb 2012

O XOVES 23 DE FEBREIRO, ACTUACIÓN DE CLAVE DE FADO EN DETRÁS DO MARCO

Clave de FaDo logrou emocionarnos hai algo máis dun mes e repiten para volver a facelo coa fermosa voz de Iria e a espectacular instrumentación por parte de Gonzo e Pepe. A cita é o xoves 23 de febreiro a partir das 20:30 horas, e coma sempre a entrada é gratuíta.

Esperámosvos!

16 feb 2012

MAÑÁ 17 DE FEBREIRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE SANTIAGO RIERA EN DETRÁS DO MARCO

O pintor vigués Santiago Riera inaugura mañá 17 de febreiro (20:30 horas) a súa exposición, que permanecerá en Detrás do Marco ata o día 18 de marzo. No acto de inauguración actuará o cantautor Indio.
Na mostra, Riera fai unha recompilación da súa obra que el mesmo define así na súa páxina web: “Preséntolles ás miñas criaturas, non se fagan expectativas pois prometo defraudalos; camiñen entre eles como se pasea por un bosque, non busquen nada, quizais encontren algo. Esta non é a obra dun artista multidisciplinar, tan só é a obra dun home que ama a vida, a natureza, que ve poesía en obxectos desafuizados que se encontra no camiño. Isto non é "arte contemporánea" senón retallos do meu mesmo que agora comparto convosco”.
Riera (1971, Vigo)  é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de pintura, ademais de ter o título de deseñador gráfico del CENP de Madrid. A obra do artista, que utiliza diferentes técnicas (collage, óleo, acuarela...) navega entre o pop art e o expresionismo, cunha variada paleta cromática.
No acto de inauguración contaremos coa actuación do cantautor Indio,que fai versións de Sabina e Víctor Jara entre outros.

15 feb 2012

O VENRES 17 DE FEBREIRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE SANTIAGO RIERA

O venres 17 de febreiro (20:30 horas) celebrarase en Detrás do Marco a inauguración da exposición de Santiago Riera, na que contaremos coa actuación do cantautor Indio.

A mostra do pintor permanecerá no local entre os días 17 de febreiro e 18 de marzo.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "RECICLANDO EN FAMILIA"

A quinta edición do concurso "Reciclando en familia", organizado pola empresa "Imaxina", celebrou onte a entrega dos premios no café Detrás do Marco. Os gañadores e as súas familias amosaban a súa satisfacción por participar neste evento, no que os pais e nais tamén son partícipes, ao colaborar cos máis pequerrechos na realización das obras.

Os premiados:

1º PREMIO :

DAVID BASTOS

Colexio:CEIP de Petelos

Actividade a que acude: Informática

2º PREMIO :

JASMINA CASTRO , UXÍA CAMIÑA E SARAY MISA

Colexio:CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén

3º PREMIO :

MARTIN PIÑEIRO BARRAL

Colexio:CPR  Apóstol Santiago






11 feb 2012

REUNIÓN TUPPERSEX, O DÍA 14 DE FEBREIRO EN DETRÁS DO MARCO

E xa pola noite, a partir das 21.30 horas, o local Detrás do Marco celebrará o Día de San Valentín dunha forma diferente: Coa celebración dunha reunión Tuppersex, aberta a chicos e chicas. Será unha reunión divertida na que se informará sobre todas as novidades en xoguetería erótica.

O MARTES 14 DE FEBREIRO, ENTREGA DO PREMIOS DO CONCURSO DE RECICLAXE "RECICLANDO EN FAMILIA"




O martes 14 de febreiro, a partir das 19:00 horas, celebrarase en Detrás do Marco a entrega de premios do V Concurso "Reciclando en Familia", organizado pola empresa de servizos educativos e culturais Imaxina.

Os traballos realizados amosaranse nunha exposición no café dende o luns 13 ao xoves 16, e a mostra compreta estará na Casa da Xuventude durante todo o mes de febreiro.

Esta é a quinta edición do concurso e na mesma participaron un total de 38 colexios de toda a provincia de Pontevedra e en total cóntase con máis de 110 obras participantes, predominando entre elas a cor, imaxinación e a creatividade.

8 feb 2012

O SÁBADO 11 DE FEBREIRO, RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO

Despois dunha xira polo extranxeiro, regresa Rubén de Lis a Detrás do Marco. Teremo a oportunidade de escoitar a súa voz e á súa guitarra o sábado 11 de febreiro, a partir das 19:30 horas. Xa sabedes: tedes unha cita en Detrás do Marco este sábado