16 feb 2012

MAÑÁ 17 DE FEBREIRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE SANTIAGO RIERA EN DETRÁS DO MARCO

O pintor vigués Santiago Riera inaugura mañá 17 de febreiro (20:30 horas) a súa exposición, que permanecerá en Detrás do Marco ata o día 18 de marzo. No acto de inauguración actuará o cantautor Indio.
Na mostra, Riera fai unha recompilación da súa obra que el mesmo define así na súa páxina web: “Preséntolles ás miñas criaturas, non se fagan expectativas pois prometo defraudalos; camiñen entre eles como se pasea por un bosque, non busquen nada, quizais encontren algo. Esta non é a obra dun artista multidisciplinar, tan só é a obra dun home que ama a vida, a natureza, que ve poesía en obxectos desafuizados que se encontra no camiño. Isto non é "arte contemporánea" senón retallos do meu mesmo que agora comparto convosco”.
Riera (1971, Vigo)  é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de pintura, ademais de ter o título de deseñador gráfico del CENP de Madrid. A obra do artista, que utiliza diferentes técnicas (collage, óleo, acuarela...) navega entre o pop art e o expresionismo, cunha variada paleta cromática.
No acto de inauguración contaremos coa actuación do cantautor Indio,que fai versións de Sabina e Víctor Jara entre outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario