O cantante e compositor Pepe Piña actuará o venres 17 de agosto (21:00 horas) no
café Detrás do Marco (R/ Londres, s/n). Pepe
ofrecerá un concerto con versións de cancións de Serrat, Simon & Garfunkel,
Beatles, Eric Clapton ou Silvio Rodriguez, ademais de temas propios (blues,
bossa), que farán a delicia de todos.
Piña ten un amplo percorrido na música profesional
dende o seu inicio en solitario tocando en pubs no ano 78. Uns anos máis tarde
fundou en Lugo, xunto a Alberto Comesaña, o grupo “Semen Up” e no ano 88 refunda o grupo
O carro con dous dos antigos
compoñentes, participando como compositor e músico no Disco Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
en compañía doutros grupos punteiros como Na Lúa, Luar na Lubre,
Suso Vaamonde, etc... Continúa con grupos como Triceratops, Haceros del Norte ou Cosecha roja e remata a súa traxectoria actual
coa creación do grupo Clave de FaDo no
ano 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario