Mañá
29 de setembro (20:30 horas) celebraremos a exposición de Xulia Xesusa Leiva
“Miradas”, que permanecerá en Detrás do
Marco (R./ Londres s/n) ata o próximo día 17 de outubro.
Xulia, nada en
Pontesampaio (Pontevedra), dende moi temperá idade se sentiu atraída polos traballos
artesanais, as manualidades e a pintura, aos que non puido dedicarse debido ao
momento económico e político que lle tocou vivir e que lle supuxo un
impedimento á hora de achegarse ao mundo artístico.
Asistiu a clases de modelado, baleirado e moldes co escultor vigués Remigio Dávila e estudou talle en madeira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde actualmente recibe clases de cerámica.
Asistiu a clases de modelado, baleirado e moldes co escultor vigués Remigio Dávila e estudou talle en madeira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde actualmente recibe clases de cerámica.
"Miradas" é a súa primeira exposición individual de pintura, tras participar en varias exposicións colectivas de cerámica e talle. Dende hai tres anos acode ás clases de debuxo e pintura impartidas polo artista Nelson Villalobos, do que afirma que lle deu a seguridade e o impulso creativo, permitíndolle, mediante o seu traballo, achegarse a un mundo que respecta e admira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario