14 nov 2012

MAÑÁ 15 DE NOVEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “ABANDONOS BERLÍN”

Antón García amosará en Detrás do Marco a súa obra fotográfica na exposición “Abandonos Berlín”, que permanecerá no local entre os días 15 de novembro e 2 de decembro. Mañá terá lugar o acto de inauguración a partir das 20:30 horas.

 

A mostra de Antón, en branco e negro, amosa a viaxe que realizou a Berlín en agosto de 2011 e foron realizadas en dous sitios: Spreepark e Teufelsberg. Con esta exposición o fotógrafo quere “mostrar outro lado do Berlín histórico un tanto apocalíptico no que as construcións humanas foron esquecidas e a natureza se apoderou delas”.


   Spreepark é un parque de atraccións abandonado situado ao norte de Plänterwald. Foi inaugurado en 1969 cunha superficie de 29,5 hectáreas e vinte anos máis tarde entrou en quebra e quedou a mercé da vexetación. Actualmente estase a reconstruír.


   Teufelsberg foi unha estación de radar espía -traducida como “Montaña do demo”- , que está situada nun outeiro no Grunewald localidade da antiga Berlín Occidental. Creouse durante a Guerra Fría pola NSA (Axencia de Seguridade Nacional) de Estados Unidos co obxectivo de facer escoitas contra os rusos.
Posteriormente a compañía abandonou o proxecto e o lugar quedou arrasado polo vandalismo e usado por okupas para vivir.


Na actualidade foi comprada polo famoso director de cine
David Lynch co obxectivo de construír un centro de meditación da seita “Transzendentale Meditation”, á cal pertence.





 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario