“Cantos...Contos” presenta situacións de amor
dende perspectivas moi variadas, sempre dende o humor e a ironía, chegando á
parodia. Amor tolo, amor verdadeiro, amor obsesivo, o primeiro amor,… cos
ingredientes máis atractivos do sentimento amoroso: amantes, desexos, paixón,
desenganos, infidelidades, plans de futuro…
Son pequenos contos que irán interpretando por
parellas ou tríos os actores desta compañía galega (Carlos “Otis”, Guadalupe
López, María Jesús Vázquez, Mónica Yañez, Nieves Pérez e Ricardo Manso) e na
que buscan a participación do público asistente ao espectáculo.
A directora da obra é Esther Movilla-Castillo, licenciada
en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática. Actualmente, Esther
dirixe (N+1) Teatro e é docente de interpretación na Escola Municipal de Teatro
de Ourense..
¡Abran Paso! é unha Asociación Cultural creada en
2005, co obxectivo de difundir o teatro en todas as súas facetas. Os seus
membros, procedentes do "Obradoiro de Loly Buján" da "Casa da
Xuventude" de Ourense , comparten o amor polo teatro e teñen, por
separado, un currículo do máis diverso. Esta diversidade permítelles afrontar o
seu obxectivo en diferentes facetas, dende as obras máis contemporáneas ata o
repertorio clásico, animacións de rúa, talleres...
No hay comentarios:
Publicar un comentario