Pola mañá, o poeta e o ilustrador atenderon aos medios de comunicación
para presentar o seu traballo e explicaron cómo xurdiu o mesmo. Néstor indicou
que “a pintura de Nelson Villalobos foi a inspiración dos meus poemas, e non ao
revés”. Ambos son amigos dende hai moitos anos e Carmona hai 17 anos fixo unha
selección de 21 obras do pintor e “a poesía está baseada no debuxo, e non ao
revés como sucede habitualmente”, manifestou o poeta. O cántabro explicou que
leva máis de 40 anos facendo versos e que “foi un pracer e unha honra traballar
xunto a Nelson neste proxecto”. O libro estaba feito dende hai 17 anos
esperando o momento, que chegou agora coa editorial Elvira.
Biografía. O autor deste segundo
libro, Néstor Carmona Fernández
(Santander, 1954), é un avogado e recoñecido experto en tributación
internacional, que sorprende na súa faceta de poeta. Ademais de ter unha
relevante produción de contidos na materia da
súa especialidade, publicou varios libros de poemas: Bloc de nadie (Molinos de Agua -Madrid, 1982), Fax para violín (Tantín - Santander,
1992), Numerable ceniza (Pre-Textos - Valencia, 1999, premio “Gerardo
Diego”) e El sur de la mirada
(Reino del Aire -Santander, 2004).
Na rolda de prensa, ademais dos dous artistas estiveron en
representación da editorial Elvira os escritores David Pérez e Enrique Sánchez.
Este último recordou que o obxectivo da editorial é facer “uns libros especiais
nos que intentamos conxugar a arte da literatura co arte pictórico”. Ademais,
tamén asistiu a autora do primeiro libro da colección “Detrás do Marco”, Daisy
Villalobos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario