O grupo está formado por Iria e Gonzalo, de Clave de Fado.
Vigo, 3 de outubro de 2012. Sonidonia volve a Detrás do Marco (20:30 horas), despois da súa presentación no mes de agosto. É un proxecto novo, pero os integrantes do mesmo non son descoñecidos para nós. Dous dos compoñentes de Clave de FaDo, Iria Estévez, a vocalista, e Gonzalo Piña,baixista-guitarrista, son Sonidonia. Nesta ocasión atrévense con músicas de diferentes estilos e de moi diversas orixes, mesturando o encanto dos fados, a forza do blues, a dozura da cantiga galega, o cálido dos boleros, a ledicia do regae, a enerxía da música africana... Miscelánea musical, músicas de antes e de agora interpretadas dun xeito moi particular!!!
Iria e Gonzalo
comezan este novo proxecto con moitas ganas de sorprender a todos coas súas
versións e seguro que o conseguen. Así que mañá xoves temos unha cita con eles
en Detrás do Marco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario