16 oct 2012

O SÁBADO 20 DE OUTUBRO, II FESTIVAL POLIPOÉTICO EN DETRÁS DO MARCO


O sábado 20 de outubro -día do pasamento do poeta beat Jack Kerouac- celebrarase o II Festival Polipoético de Vigo, que ofrecerá tres horas de poesía, música, teatro e maxia en Detrás do Marco.
O festival desenvolverase de 19h a 1:00h, primeiro en Detrás do Marco, e despois no escenario de La Fiesta de los Maniquíes, na rúa Rogelio Abalde. Dous emprazamentos cercanos e dous focos de expresión artística na cidade, que proponen seis horas de recitados, imaxes, música, teatro, performance, contos, oídos atentos e mentes abertas.
Organizado por La Fiesta de los Maniquíes, coa colaboración de Detrás do Marco, conta coa participación de 26 artistas de toda Galicia e Portugal, englobados dentro de 15 propostas.
De novo cunha visita do país veciño, o brasileiro Nilson Muniz, artista multidisciplinar afincado en Lisboa con especial predilección pola performance, que levou o seu espectáculo “Cousa Pradizer” por toda Europa. Dende Badajoz chega Felipe Zapico, bloguero de prosa e poesía que "cuspe" a súa obra nas redes sociais. O Colectivo Arín Dodó desprázase dende Madrid para traer a Vigo a súa improvisación libre con voces, metales, didgeridoo, percusión e sons dixitais, buscando o lado menos amable dun arte que, según eles, se anestesia na búsqueda dun suposto canon de beleza. Tamén estarán representados a maioría de colectivos poéticos de Vigo e a súa área de influencia, no que será unha festa da poesía da cidade, e máis que iso, unha festa da expresión libre ou as distintas maneras posibles de dicir as cousas.
A poesía está en todas partes. A poesía pode cambiar o mundo. A poesía é moderna e cosmopolita. A poesía deixou de ser aburrida e pasea desnuda pola rúa e polos bares á vista de todos. A poesía é necesaria para a vida e para a cidade de Vigo. Se queres saber o porqué vai ver o II Festival Polipoético de Vigo, o sábado 20 de outubro entre as 19:00 e á 1:00h, en Detrás do Marco primeiro e en La Fiesta de los Maniquíes despois, con músicos, actrices, poetas e performers invitados de Madrid, Lisboa e toda Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario