María (Vigo, 1979) é titulada en Imaxe e sempre desempeñou
o seu traballo tralas cámaras de televisión, ata que
en 2009, na Escola de Artes e Oficios de Vigo comeza
os estudos de serigrafía artística, baixo a tutela do artista cubano Nelson Villalobos, precursor indubidable do seu novo
camiño pictórico. Desta forma, María pasou
a compoñer sobre lenzo e papel aquilo que sempre vira tras unha cámara; así
como a ver a arte dende a perspectiva dun artista. Así, coñecendo a obra
doutros artistas, foi como encontrou a súa maior inspiración, Luis Seoane, pintor galego, e que, xunto a talentos tan
dispares como Picasso e Andy
Warhol, son os seus grandes referentes.
Co traballo do acrílico sobre lenzo, o uso da cor, das súas formas, é onde María Mariño busca mostrar a realidade que lle chama, que a rodea: as vendimas de cada ano, o campo, o mar de Vigo, o Berbés..., e como non, os sentimentos en primeiro plano.
Pablo&Vita. Eles serán os encargados de facernos vivir unha
noite máxica percorrendo clásicos do cine a través das súas bandas sonoras,
coma “Desayuno con diamantes”, “El
Padrino”, “Con Faldas y a lo loco”, “Casablanca”, “Rocky” ou “La Pantera Rosa”,
entre outros.
Vita Ivaskevica, cunha voz
excepcional, é unha cantautora e compositora nacida en Letonia, de pai ruso e nai letona.
A súa actividade artística
desenvólvese, principalmente, na súa faceta de cantautora e é a responsable de poñerlle voz ás
bandas sonoras.
Pablo Vidal Mendoza
(contrabaixo), de pai galego e nai vasca,
naceu
en Bilbao e creceu na Ría de Arousa. De formación ecléctica, comeza os
seus
estudos de piano
no Conservatorio de Pontevedra, estuda harmonía e
composición na escola de jazz “BAIO Ensemble”
de
Vigo e no “Ateneo de Música
Moderna y Jazz de
Madrid Felix Santos Guindel”. Despois dunha intensa actividade musical en grupos da “movida” (“Os Resentidos”, “7ª Convocatoria” etc.), actualmente
adícase
a súa faceta de compositor e produtor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario