O cómico Héctor Rodríguez será o protagonista da
noite do xoves 10 de maio (20:30 horas) en Detrás do Marco (R./ Londres, s/n), nunha cita na que as gargalladas están
garantidas. A entrada é gratuíta.
Héctor é un novo monologuista que, case de forma inesperada, comezou no
mundo da animación e da comedia tras aceptar unha proposta para facer monólogos
no local onde traballaba. E de repente, veuse enriba dos escenarios galegos e
compartindo cartel con xente coma David Amor.
El explica que “estar encima dun escenario facendo rir a xente e algo
imposible de explicar, só podes sentilo se o vives”.
Héctor Rodríguez é un soñador, goza falando e a súa única ilusión é facer
rir aos que o rodean. Nos seus monólogos, gústalle falar de Galicia e das
diferenzas existentes co resto de España e lle entusiasman as parodias do pobo.
Entrada
libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario