- É a primeira
mostra fotográfica do colectivo interxeracional Móvete.
O
colectivo interxeracional Móvete organiza a súa primeira actividade coa
celebración da exposición “Móvil-Idade”, cuxa inauguración celebrarase mañá 11
de maio (21:00 horas) en Detrás do Marco.
O
colectivo Móvete está composto por
"artistas" entre os 11 anos e os 55 anos e que de forma afeccionada,
pero experimental, tratan de facer chegar a súa visión do mundo material e
inmaterial a través de diversas formas e texturas.
MÓVIL-IDADE fai referencia á posibilidade de movernos fotograficamente a calquera idade cos recursos dispoñibles a man, só temos que mirar con outra mirada. Son trinta fotografías feitas con móbil 3 ou 5 Mpx. e a idea forza é: con móvil tamén podes ver fotograficamente. As fotos non están manipuladas e do revelado e encadrado encargouse Xullo Prado, fillo do fotógrafo vigues Julio Prado referente na súa época en Vigo.

Nesta
primeira exposición, que coordina Andrés
Vázquez, haberá fotos de de viaxes e algunha outra do propio Vigo visto polos
ollos infantís dos membros mais pequenos do colectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario