25 oct 2011

MONÓLOGO DE AVELINO GONZÁLEZ, O VENRES 28 DE OUTUBRO

O cómico e actor vigués Avelino González actuará o venres 28 de outubro (20:30 horas) en Detrás do Marco (R. Londres sn), nunha cita na que as gargalladas están garantidas.

Avelino González (Vigo, 1962) conta cun importante curriculum ás súas costas. Actor teatral (co Centro Dramático Galego) e productor teatral, é moi popular polo seu papel de Miñato na serie da TVG Padre Casares. Ademais participou noutras coñecidas series televisivas (Hospital Central, Pratos Combinados) e en películas como Heroína o Lena.

Pero en Detrás do Marco veremos a sua faceta como monologuista e faramos rir a todas e todos os asistentes coa súa actuación, que comezará ás 20:30 horas. Avelino goza de forma moi especial no contacto directo co público como contacontos nunha tarefa na que case todo está permitido: “A un actor, a un contador, todo lle está permitido, agás aburrir”, asegura Avelino na súa páxina web.

No hay comentarios:

Publicar un comentario