Espectacular resposta do público á iniciativa emprendida hoxe por Detrás do Marco "Café e libros" pola cal cada cliente podía levar un libro coa súa consumición. Máis de douscentos exemplares de todos los xéneros literarios, e para todas as idades, estaban a disposición dos clientes do café que responderon con moito interés a este proxecto, que terá continuidade no tempo.
25 nov 2012
22 nov 2012
O DÍA 25 DE NOVEMBRO, “CAFÉ E LIBROS” EN DETRÁS DO MARCO
O domingo 25 de novembro (12:00 horas) Detrás
do Marco porá en marcha a iniciativa “Café e libros”, pola cal cada cliente do
local poderá levarse gratis a casa un libro dos que estarán expostos no café
(ata fin de existencias).
Este programa ten por
obxecto promover a lectura en tempos de crise co agasallo de exemplares de
segunda mano que xa foron lidos polos seus donos e son cedidos para esta
iniciativa. Desta forma, os libros estarán expostos no local para a súa
consulta e os clientes poder cambiar o seu tícket da consumición por un libro
ata fin de existencias (e só un exemplar
por persoa).
Entre os volumes
existentes figuran novelas históricas, libros de terror, novela contemporánea..
Obras para todos os gustos e idades.
14 nov 2012
O VENRES 16 DE NOVEMBRO, CONCERTO DE PEPE PIÑA
O venres 16 de novembro (20:30 horas) volverá ao noso local o cantautor galego Pepe Piña, que nos fará gozar dunha noite de boa música e grandes momentos, recordando cancións que todos coñecemos. No seu repertorio, Joaquín Sabina, Silvio Rodríguez, Serrat ou The Beatles, así que será un recorrido moi variado pola música dos 70, 80, 90 e 2000.
MAÑÁ 15 DE NOVEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “ABANDONOS BERLÍN”
Antón
García amosará en Detrás do Marco a súa obra fotográfica na exposición
“Abandonos Berlín”, que permanecerá no local entre os días 15 de novembro e 2
de decembro. Mañá terá lugar o acto de inauguración a partir das 20:30 horas.
Spreepark é un parque de atraccións abandonado situado ao norte de Plänterwald. Foi inaugurado en 1969 cunha superficie de 29,5 hectáreas e vinte anos máis tarde entrou en quebra e quedou a mercé da vexetación. Actualmente estase a reconstruír.
Teufelsberg foi unha estación de radar espía -traducida como “Montaña do demo”- , que está situada nun outeiro no Grunewald localidade da antiga Berlín Occidental. Creouse durante a Guerra Fría pola NSA (Axencia de Seguridade Nacional) de Estados Unidos co obxectivo de facer escoitas contra os rusos.
Posteriormente a compañía abandonou o proxecto e o lugar quedou arrasado polo vandalismo e usado por okupas para vivir.
Na actualidade foi comprada polo famoso director de cine David Lynch co obxectivo de construír un centro de meditación da seita “Transzendentale Meditation”, á cal pertence.
A mostra de Antón, en
branco e negro, amosa a viaxe que realizou a Berlín en agosto de 2011 e foron
realizadas en dous sitios: Spreepark
e Teufelsberg. Con esta exposición o fotógrafo quere
“mostrar outro lado do Berlín histórico un tanto
apocalíptico no que as construcións humanas foron esquecidas e a natureza se
apoderou delas”.
Spreepark é un parque de atraccións abandonado situado ao norte de Plänterwald. Foi inaugurado en 1969 cunha superficie de 29,5 hectáreas e vinte anos máis tarde entrou en quebra e quedou a mercé da vexetación. Actualmente estase a reconstruír.
Teufelsberg foi unha estación de radar espía -traducida como “Montaña do demo”- , que está situada nun outeiro no Grunewald localidade da antiga Berlín Occidental. Creouse durante a Guerra Fría pola NSA (Axencia de Seguridade Nacional) de Estados Unidos co obxectivo de facer escoitas contra os rusos.
Posteriormente a compañía abandonou o proxecto e o lugar quedou arrasado polo vandalismo e usado por okupas para vivir.
Na actualidade foi comprada polo famoso director de cine David Lynch co obxectivo de construír un centro de meditación da seita “Transzendentale Meditation”, á cal pertence.
30 oct 2012
O VENRES 2 DE NOVEMBRO, PRESENTACIÓN DO LIBRO “CUENTOS PARA UNA SONRISA”
§ É un proxecto benéfico para Alex, un neno vigués con
parálise cerebral.
“Cuentos
para una sonrisa”. Detrás do título deste libro está o sorriso de Alex, un neno
vigués con parálise cerebral, xa que todo o diñeiro recadado será entregado á
súa familia para o tratamento médico que necesita. O acto de presentación do libro
celebrarase o venres 2 de novembro (21:00 horas) en Detrás do Marco.
O libro está formado
por 18 contos, todos eles ilustrados, de outros tantos autores que colaboran de
forma absolutamente desinteresada neste proxecto, igual que a editorial (Edicións
Cardeñoso) que asumiu o custo total da edición.
En total serán 200
exemplares que se venderán a un prezo de 10 euros, que serán entregados integramente
á familia de Alex. A idea xurdiu hai uns meses cando Enrique Sánchez coñeceu a
Alex e as súas necesidades e ocorréuselle a idea de facer un libro para recadar
fondos. Dende entón, moito traballo e moita ilusión ata chegar ao acto de
presentación, que se celebrará este venres en Detrás do Marco.
Alex, de 5 anos, naceu
con parálise cerebral por culpa dun problema durante o parto, pero nin el nin a
súa familia se renderon en ningún momento e están loitando por darlle a mellor
vida posible. Para iso xa iniciaron varias campañas para acadar fondos para as
operacións que necesita (tapóns de plástico de botellas), para o andador que
ven de conseguir... Todo grazas ao esforzo da familia e amigos. Podedes coñecer
toda a súa historia en: http://www.lasonrisadealex.es/
16 oct 2012
O SÁBADO 20 DE OUTUBRO, II FESTIVAL POLIPOÉTICO EN DETRÁS DO MARCO
O sábado 20 de outubro -día do pasamento do poeta beat Jack Kerouac- celebrarase o II Festival Polipoético de Vigo, que ofrecerá tres horas de poesía, música, teatro e maxia en Detrás do Marco.
O festival desenvolverase de 19h a 1:00h, primeiro en Detrás do Marco, e despois no escenario de La Fiesta de los Maniquíes, na rúa Rogelio Abalde. Dous emprazamentos cercanos e dous focos de expresión artística na cidade, que proponen seis horas de recitados, imaxes, música, teatro, performance, contos, oídos atentos e mentes abertas.
Organizado por La Fiesta de los Maniquíes, coa colaboración de Detrás do Marco, conta coa participación de 26 artistas de toda Galicia e Portugal, englobados dentro de 15 propostas.
De novo cunha visita do país veciño, o brasileiro Nilson Muniz, artista multidisciplinar afincado en Lisboa con especial predilección pola performance, que levou o seu espectáculo “Cousa Pradizer” por toda Europa. Dende Badajoz chega Felipe Zapico, bloguero de prosa e poesía que "cuspe" a súa obra nas redes sociais. O Colectivo Arín Dodó desprázase dende Madrid para traer a Vigo a súa improvisación libre con voces, metales, didgeridoo, percusión e sons dixitais, buscando o lado menos amable dun arte que, según eles, se anestesia na búsqueda dun suposto canon de beleza. Tamén estarán representados a maioría de colectivos poéticos de Vigo e a súa área de influencia, no que será unha festa da poesía da cidade, e máis que iso, unha festa da expresión libre ou as distintas maneras posibles de dicir as cousas.
A poesía está en todas partes. A poesía pode cambiar o mundo. A poesía é moderna e cosmopolita. A poesía deixou de ser aburrida e pasea desnuda pola rúa e polos bares á vista de todos. A poesía é necesaria para a vida e para a cidade de Vigo. Se queres saber o porqué vai ver o II Festival Polipoético de Vigo, o sábado 20 de outubro entre as 19:00 e á 1:00h, en Detrás do Marco primeiro e en La Fiesta de los Maniquíes despois, con músicos, actrices, poetas e performers invitados de Madrid, Lisboa e toda Galicia.
O 19 DE OUTUBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN COLECTIVA “LAS 2 ORILLAS”
"Las 2 Orillas".
Este é o nome da exposición colectiva integrada por: Marthazul, Gonzalo, Alicia, Augusto Metztli, Esther, Yellice e Olalla Ofl, que se inaugurará o venres 19 de outubro no café Detrás do Marco de Vigo ás 21:00 horas. A mostra é unha mestura entre culturas e
experiencias vividas a
ambos os dous lados do Atlántico e da ría de Vigo, xa que algúns dos integrantes viviron ao outro lado do "charco" e outros viven a ambos lados da ría.
ambos os dous lados do Atlántico e da ría de Vigo, xa que algúns dos integrantes viviron ao outro lado do "charco" e outros viven a ambos lados da ría.
Destes sete artistas, cinco (Esther, Gonzalo, Olalla Ofl, Yellice e Alicia)
coñecéronse hai catro anos no taller de Serigrafía Artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), onde xunto co seu profesor, Nelson Villalobos, descubriron e redescubriron a arte e a necesidade de
plasmar artisticamente o que levan dentro.
Aí xurdiu tamén o grupo artístico Sol Poniente, integrado por: Olalla Ofl, Yellice e Alicia, que dende hai tres anos están a moverse coas súas creacións pola xeografía galega. Marthazul e Augusto Metztli son dous artistas de Villagarcia de Arousa. A súa traxectoria
artística é máis longa que a dos outros, pero causalidades da vida fixeron que hai un ano formasen parte doutra colectiva xunto con Olalla e Yellice en "La Esquina Coloreada" na Confitería-café La Esquina de Arzúa. Dende entón colaboraronen distintas actividades organizadas por Marthazul e Augusto como "Postales para beber café" e "La bolsa del mercado".
A continuación, tedes unha breve descrición de cada un dos artistas que, a partir do 19 de outubro e ata o 9 de novembro, compartirán con todo o que se pase polo café Detrás do Marco as seus
obras.
Marthazul: Pintora galega, vinculada con Latinoamérica en moitos ámbitos da
súa vida profesional, cunha ampla traxectoria artística, de máis dunha década.
A súa materia prima preferida é o óleo sobre tea ou papel.
Gonzalo: Realiza os seus estudos en Vigo (serigrafía e gravado), Santiago (Licenciatura en Historia da arte), Valladolid (máster en narrativa cinematográfica) e Menorca (gravado con Pere
Pons), principalmente. Interésalle moito o aspecto transcendental das formas e a estética na arte, entendida como extensión do ser humano. O gravado permítelle tratar esta idea con plena liberdade experimental. "Todas as persoas son fermosas por natureza e os seus sentimentos son códigos dunha linguaxe,dun carácter intransferible, conxunto de sinais de vida. Vivo entre tantos sinais que a cegueira me pode”.
Alicia:Pintora galega, licenciada pola universidade de BB.AA de Salamanca. "A arte como medio de expresión de ideas, imaxes ou formas que me rodean, sen outrofin que o de crear un ambiente de beleza. Gústame a cor, a plasticidade e a expresión nas miñas obras".
Augusto Metztli: Pintor e ilustrador mexicano. Disecta fragmentos da realidade e sométeos un estraño tratamento que
remata por convertelos á súa linguaxe pictórica. A súa obra é a síntese dun
exercicio de apropiación.
Esther: "As miñas obras paséanse a través de cores cálidas, cores naturais relacionadas especialmente coa terra. Xogando con estampados de formas básicas,as cales, a partir da repetición dan peso a unha unidade maior como pode ser a figura humana ou o seu rostro".
Yellice: Nace en Caracas - Venezuela, filla de emigrantes galegos, por iso di que "é de sangue galego e alma venezolana". Dende os 4 anos que tivo un lapis de cor nas súas mans para debuxar, non o soltou. Cursou estudos artísticos a ambos lados do "charco". A través das súas obras mostra o seu
nexo de unión mediante a maxia da luz e das cores que tanto teñen e seguen
influíndo. Plasma todo aquilo que observa inconscientemente ao seu arredor: construcións, natureza, sensacións...Todo iso dá lugar a un mundo imaxinario, surrealista e abstracto.
Olalla
Ofl: "O debuxo é o meu modo de expresión máis directo. Só intento
mostrar eses pequenos detalles que ás veces nos podemos perder. Xogo co natural
do ser humano, tanto co seu ámbito como consigo mesmo. Presento
historias,momentos ou instantes pero sempre dende unha perspectiva optimista do
mundo no que nos tocou vivir... O meu
compañeiro de viaxe é o lapis e a cor, cunha visión ilustrativa do mundo que se
fai notar nos medios de expresión que utilizo, todos mostran unha historia ou un instante captado xeralmente a través dun personaxe "A nena dous cabelos
vermellos".
compañeiro de viaxe é o lapis e a cor, cunha visión ilustrativa do mundo que se
fai notar nos medios de expresión que utilizo, todos mostran unha historia ou un instante captado xeralmente a través dun personaxe "A nena dous cabelos
vermellos".
5 oct 2012
MAÑÁ 6 DE OUTUBRO, CONCERTOS DE CARABA, BALDOSA AMARILLA E LOS LENTOS, EN DETRÁS DO MARCO
Caraba.
Este grupo vigués, creado hai tres anos, está formado por Pablo Miguélez
"Greñas" (batería e programacións); Xermán Bugallo (voz e guitarras)
e Nicolás de la Flor (baixo). O seu
traballo “Que tengas un buen día” é un álbum de pop-rock, con melodías de saxo
que sorprenderá.
Los Lentos. Este grupo galego editou o seu
primeiro disco con Arca de Noé. Este primeiro
traballo foi gravado, editado e mesturado nos estudos Casa
de Tolos en Gondomar (Pontevedra). Esta nova formación de novas promesas
musicais, da comezo así á súa carreira musical para ofrecer temas propios con
influencias dos grandes clásicos do rock&roll, blues e o funky.
Baldosa
Amarilla. Nace no Porriño. Dende
a súa fundación a banda estivo constituída por Frus
(Voz), Jose Núñez (Guitarra), Iago
Bastos (Guitarra), Gatsby (Guitarra e Coros),
Alex Crende (Baixo e Coros) e Moses
(Batería). Tras subirse por primeira vez a un escenario como Baldosa Amarilla no festival universitario Leonardo DaVinci en 2006, agora
presentan o seu novo traballo “La colisión invisible”, autoproducido e gravado en Océano Estudios.
presentan o seu novo traballo “La colisión invisible”, autoproducido e gravado en Océano Estudios.
3 oct 2012
MAÑÁ XOVES 4 DE OUTUBRO, CONCERTO DE SONIDONIA EN DETRÁS DO MARCO
O grupo está formado por Iria e Gonzalo, de Clave de Fado.
Vigo, 3 de outubro de 2012. Sonidonia volve a Detrás do Marco (20:30 horas), despois da súa presentación no mes de agosto. É un proxecto novo, pero os integrantes do mesmo non son descoñecidos para nós. Dous dos compoñentes de Clave de FaDo, Iria Estévez, a vocalista, e Gonzalo Piña,baixista-guitarrista, son Sonidonia. Nesta ocasión atrévense con músicas de diferentes estilos e de moi diversas orixes, mesturando o encanto dos fados, a forza do blues, a dozura da cantiga galega, o cálido dos boleros, a ledicia do regae, a enerxía da música africana... Miscelánea musical, músicas de antes e de agora interpretadas dun xeito moi particular!!!
Iria e Gonzalo
comezan este novo proxecto con moitas ganas de sorprender a todos coas súas
versións e seguro que o conseguen. Así que mañá xoves temos unha cita con eles
en Detrás do Marco.
1 oct 2012
ESTA SEMANA, DÚAS ACTUACIÓNS EN DETRÁS DO MARCO
Esta semana teremos dúas actuacións en Detrás do Marco.
-A primeira celebrarase o xoves 4 de outubro (20.30 horas). Dous dos compoñentes de Clave de FaDo Iria Estévez, a vocalista, e Gonzalo Piña,baixista-guitarrista, son Sonidonia. Neste proxecto atrévense con músicas de diferentes estilos e de moi diversas orixes, mesturando o encanto dos fados, a forza do blues, a dozura da cantiga galega, o cálido dos boleros, a ledicia do regae, a enerxía da música africana... Miscelánea musical, músicas de antes e de agora interpretadas dun xeito moi particular!!!
-A segunda será o sábado 6 de outubro, na terraza de Detrás do Marco, a partir das seis da tarde, coa actuación dos grupos Caraba, Baldosa Amarilla e Los Lentos.
28 sept 2012
MAÑÁ 29 DE SETEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE XULIA XESUSA LEIVA “MIRADAS”
Mañá
29 de setembro (20:30 horas) celebraremos a exposición de Xulia Xesusa Leiva
“Miradas”, que permanecerá en Detrás do
Marco (R./ Londres s/n) ata o próximo día 17 de outubro.
Xulia, nada en
Pontesampaio (Pontevedra), dende moi temperá idade se sentiu atraída polos traballos
artesanais, as manualidades e a pintura, aos que non puido dedicarse debido ao
momento económico e político que lle tocou vivir e que lle supuxo un
impedimento á hora de achegarse ao mundo artístico.
Asistiu a clases de modelado, baleirado e moldes co escultor vigués Remigio Dávila e estudou talle en madeira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde actualmente recibe clases de cerámica.
Asistiu a clases de modelado, baleirado e moldes co escultor vigués Remigio Dávila e estudou talle en madeira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde actualmente recibe clases de cerámica.
"Miradas" é a súa primeira exposición individual de pintura, tras participar en varias exposicións colectivas de cerámica e talle. Dende hai tres anos acode ás clases de debuxo e pintura impartidas polo artista Nelson Villalobos, do que afirma que lle deu a seguridade e o impulso creativo, permitíndolle, mediante o seu traballo, achegarse a un mundo que respecta e admira.
17 sept 2012
O xoves 20 de setembro, concerto de Rubén de Lis
Rubén de Lis será o protagonista o xoves 20 de setembro. O cantautor galego ofrecerá un concerto na terraza de Detrás do Marco (20:30 horas), no que fará versións de grandes cancións e ofreceranos os seus propios temas.
4 sept 2012
O XOVES 6 DE SETEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "OLLADAS DENDE A DIVERSIDADE"
"Olladas dende a diversidade" amosa a obra pictórica de dous alumnos autistas da Fundación Menela. O acto celebrarase o xoves 6 de setembro ás 12 horas e contaremos coa presenza da concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas. Yolanda Manrique Pereira e Luis Eduardo González Núñez son os dous artistas que amosarán os seus cadros en Detrás do Marco entre os días 6 e 25 de setembro.
29 ago 2012
O VENRES 31 DE AGOSTO, DEGUSTACIÓN DE SIDRA E QUEIXOS ASTURIANOS
O próximo vernes 31 de agosto (20:30 horas) en Detrás do Marco (R./ Londres s/n) poderedes gozar da cualidade dos produtos asturianos. Coa compra dunha sidra natural, ofreceremos unha degustación de queixos asturianos. Os universitarios, co seu carné, terán un desconto no coste da botella.
Esta promoción realizarase ata fin de existencias.
Esta promoción realizarase ata fin de existencias.
Precio da botella: 4,5 euros
Para universitarios: 4 euros
24 ago 2012
CONCERTOS NA TERRAZA, O SÁBADO 25 DE AGOSTO
Parece que con permiso do tempo, mañá sábado (a partir das 18 horas) poderemos celebrar os concertos na terraza de Detrás do Marco. Así, aos grupos previstos inicialmente, temos que unir Stoyka e Eondri, que no pudieron actuar hoxe.
Así, mañá teremos unha tarde de concertos a terraza con grupos de xente nova que quere amosarnos a súa música.
Así, mañá teremos unha tarde de concertos a terraza con grupos de xente nova que quere amosarnos a súa música.
23 ago 2012
MAÑÁ, CONCERTOS NA TERRAZA DE DETRÁS DO MARCO
Mañá 24 de agosto (a partir das 18:00 horas) na terraza do café Detrás do Marco teremos a oportunidade de gozar coa música en directo de varios grupos noveis e como peche da actuación do cantautor galego Rubén de Lis.
Os concertos comezarán ás 18:00 horas coa actuación de Stoyka,
continuará con Eondri e o encargado de pechar a noite de espectáculo
será Rubén de Lis.
Se hai chuvia, os concertos pasarán ao interior do local.
20 ago 2012
EXPOSICIÓN DE MARTA CABALEIRO, EN DETRÁS DO MARCO
A pintora galega Marta Cabaleiro amosará a sua obra en Detrás do Marco dende hoxe 20 de agosto ata o día 5 de setembro. A inauguración da mostra celebrarase o xoves 23 de agosto (20:30 horas).
15 ago 2012
PEPE PIÑA ACTUARÁ O VENRES 17 DE AGOSTO EN EN DETRÁS DO MARCO
O cantante e compositor Pepe Piña actuará o venres 17 de agosto (21:00 horas) no
café Detrás do Marco (R/ Londres, s/n). Pepe
ofrecerá un concerto con versións de cancións de Serrat, Simon & Garfunkel,
Beatles, Eric Clapton ou Silvio Rodriguez, ademais de temas propios (blues,
bossa), que farán a delicia de todos.
Piña ten un amplo percorrido na música profesional
dende o seu inicio en solitario tocando en pubs no ano 78. Uns anos máis tarde
fundou en Lugo, xunto a Alberto Comesaña, o grupo “Semen Up” e no ano 88 refunda o grupo
O carro con dous dos antigos
compoñentes, participando como compositor e músico no Disco Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
en compañía doutros grupos punteiros como Na Lúa, Luar na Lubre,
Suso Vaamonde, etc... Continúa con grupos como Triceratops, Haceros del Norte ou Cosecha roja e remata a súa traxectoria actual
coa creación do grupo Clave de FaDo no
ano 2010.
4 ago 2012
O XOVES 9 DE AGOSTO, PRESENTACIÓN DE SONIDONIA EN DETRÁS DO MARCO
O xoves 9 de agosto (21:00 horas), Concerto de Sonidonia en Detrás do Marco. Aínda que o nome non os resulte coñecido, sí que sabedes quen son: Eles son Gonzalo e Iria, de Clave de Fado, nun novo proxecto no que tentan de amosar a súa visión de cancións de toda a vida, de temazos, pero feitos por eles.
Creo que non volo podedes perder!!!
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
Creo que non volo podedes perder!!!
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
31 jul 2012
O VENRES 3, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE RAFAEL CELADA
29 jul 2012
O XOVES 2 DE AGOSTO, RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO
Volve Rubén de Lis a Detrás do Marco e ademais coa ilusión dun novo traballo debaixo do brazo. A cita é o xoves 2 de agosto (21:30 horas). Esperámosvos!
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
19 jul 2012
O VENRES 20 DE XULLO, ACTUACIÓN DO GRUPO CLAVE DE FADO
O
grupo Clave de FaDo -composto por
Iria Estévez (vocalista), Pepe Piña (guitarra acústica e compositor) e Gonzalo
Piña (guitarra española)- actuará mañá 20 de xullo (21:30 horas) no local Detrás do Marco (R./ Londres, s/n).
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
Clave de FaDo nace en Galicia no
ano 2009 coa intención de crear unha formación musical diferente, que inclúa
fundamentalmente, música portuguesa e galega, sendo interpretada cunha
sonoridade propia, lograda a través da súa instrumentación pouco habitual para
este tipo de música (bouzouqui e baixo, ademais das guitarras). Nas súas actuacións, fai un percorrido polos distintos tipos de
fados e as músicas galegas máis poéticas, combinando así a frescura dos fados
máis alegres coa emoción das cancións galegas e fados máis sentidos.
15 jul 2012
MAÑÁ 16 DE XULLO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE LYDIA MIRANDA “INDIA EN LA RETINA”
-
Conta a viaxe
da fotógrafa á India no ano 2010
- Colabora coa
ONG Shanga India que fixo unha escola que acolle a 350 nenos e nenas.
A mostra, que
permanecerá en Detrás do Marco dende
mañá ata o día 2 de agosto, recolle a viaxe realizada no ano 2010 por Lydia
para coñecer a escola e visitar un país que lle resulta apaixonante, tal e como
poderemos ver nas súas fotografías, onde destaca por riba de todo ás miradas cheas
de sentimentos das e dos nenos.
Shanga India. Este colectivo naceu no ano 2004 da man de canguesa Neneta Herrero, co obxectivo de
escolarizar a nenas e nenos dunha rexión de India, moi mal comunicada. Desta
forma, construíron a escola “María Mariño” na aldea de Pubai, onde acollen a
350 rapaces da zona, grazas á aportas dos colaboradores desta asociación. Gran
parte do alumnado vive no propio centro (por dificultades económicas,de
desprazamento ou problemas familiares), mentres que outros acoden diariamente á
escola para a súa escolarización.
Este ano a ONG puido
comprar un autobús e ampliar a escola cun salón de actos e un taller de costura,
para dar unha saída profesional aos nenos. Dende a ONG recordan que con só 18
céntimos de euro poden dar manutención a un neno durante un día .
As fotografías que
estarán expostas en Detrás do Marco poden ser adquiridas e o diñeiro recadado
será entregada a este colectivo.
5 jul 2012
PRESENTACIÓN DO SEGUNDO LIBRO DA COLECCIÓN DETRÁS DO MARCO DA EDITORIAL ELVIRA
O segundo libro da colección Detrás do Marco, da editorial Elvira, xa
é unha realidade: “Los colores de la
sombra”, do poeta cántabro Néstor Carmona será presentado hoxe xoves 5 de xullo (21:00 horas) no café Detrás
do Marco, coa presenza do poeta e do ilustrador do libro, Nelson
Villalobos. É unha obra completamente artesanal, realizada mediante medios
serigráficos, e cada exemplar irá numerado e asinado polo escritor e o artista.
A Editorial Elvira comezou a súa andadura no mes de
xaneiro do presente ano e fíxoo coa colección “Detrás do Marco”, que
editará tres libros no presente ano e cada un deles terá unha tirada
máxima de 300 exemplares. A editorial non pretende abranguer grandes
mercados, senón que busca ese carácter íntimo e exclusivo dos libros de
artista. Todos os
libros serán feitos a man con medios
serigráficos, asinados polos seus autores (escritor e artista) e autenticados
por un notario, dándolle o seu valor de orixinal a cada exemplar, que o
converte así nun obxecto de coleccionista. Esta colección poderá ser mercada ao
prezo de 60 euros para os subscritores, mentres que cada libro por separado
terá un custe de 30 euros. A subscrición pode realizarse na páxina web da
editorial (http://editorialelvira.wordpress.com
Pola mañá, o poeta e o ilustrador atenderon aos medios de comunicación
para presentar o seu traballo e explicaron cómo xurdiu o mesmo. Néstor indicou
que “a pintura de Nelson Villalobos foi a inspiración dos meus poemas, e non ao
revés”. Ambos son amigos dende hai moitos anos e Carmona hai 17 anos fixo unha
selección de 21 obras do pintor e “a poesía está baseada no debuxo, e non ao
revés como sucede habitualmente”, manifestou o poeta. O cántabro explicou que
leva máis de 40 anos facendo versos e que “foi un pracer e unha honra traballar
xunto a Nelson neste proxecto”. O libro estaba feito dende hai 17 anos
esperando o momento, que chegou agora coa editorial Elvira.
Biografía. O autor deste segundo
libro, Néstor Carmona Fernández
(Santander, 1954), é un avogado e recoñecido experto en tributación
internacional, que sorprende na súa faceta de poeta. Ademais de ter unha
relevante produción de contidos na materia da
súa especialidade, publicou varios libros de poemas: Bloc de nadie (Molinos de Agua -Madrid, 1982), Fax para violín (Tantín - Santander,
1992), Numerable ceniza (Pre-Textos - Valencia, 1999, premio “Gerardo
Diego”) e El sur de la mirada
(Reino del Aire -Santander, 2004).
Na rolda de prensa, ademais dos dous artistas estiveron en
representación da editorial Elvira os escritores David Pérez e Enrique Sánchez.
Este último recordou que o obxectivo da editorial é facer “uns libros especiais
nos que intentamos conxugar a arte da literatura co arte pictórico”. Ademais,
tamén asistiu a autora do primeiro libro da colección “Detrás do Marco”, Daisy
Villalobos.
1 jul 2012
O 7 DE XULLO, TEATRO,AMOR E HUMOR EN DETRÁS DO MARCO
·
A compañía Abran
Paso! Presenta “Cantos...Contos”, obras de curta duración sobre o amor.
O sábado 7 de xullo (21:30 horas) a compañía de teatro
Abran Paso! presentará en Detrás do Marco (R./ Londres, s/n) “Cantos... Contos”, pequenas obras de
teatro sobre o amor cheas de humor.
“Cantos...Contos” presenta situacións de amor
dende perspectivas moi variadas, sempre dende o humor e a ironía, chegando á
parodia. Amor tolo, amor verdadeiro, amor obsesivo, o primeiro amor,… cos
ingredientes máis atractivos do sentimento amoroso: amantes, desexos, paixón,
desenganos, infidelidades, plans de futuro…
Son pequenos contos que irán interpretando por
parellas ou tríos os actores desta compañía galega (Carlos “Otis”, Guadalupe
López, María Jesús Vázquez, Mónica Yañez, Nieves Pérez e Ricardo Manso) e na
que buscan a participación do público asistente ao espectáculo.
A directora da obra é Esther Movilla-Castillo, licenciada
en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática. Actualmente, Esther
dirixe (N+1) Teatro e é docente de interpretación na Escola Municipal de Teatro
de Ourense..
¡Abran Paso! é unha Asociación Cultural creada en
2005, co obxectivo de difundir o teatro en todas as súas facetas. Os seus
membros, procedentes do "Obradoiro de Loly Buján" da "Casa da
Xuventude" de Ourense , comparten o amor polo teatro e teñen, por
separado, un currículo do máis diverso. Esta diversidade permítelles afrontar o
seu obxectivo en diferentes facetas, dende as obras máis contemporáneas ata o
repertorio clásico, animacións de rúa, talleres...
PRESENTACIÓN DO SEGUNDO LIBRO DA COLECCIÓN "DETRÁS DO MARCO"
Este xoves 5 de xullo realizarase
a presentación do segundo libro da Colección Detrás do Marco "Los colores de la sombra", do poeta cántabro Néstor Carmona Fernández, e ilustrado tamén polo artista Nelson
Villalobos. A presentación farase ás
21:00h no Café Detrás do Marco.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)