29 ago 2012

O VENRES 31 DE AGOSTO, DEGUSTACIÓN DE SIDRA E QUEIXOS ASTURIANOS

O próximo vernes 31 de agosto (20:30 horas) en Detrás do Marco (R./ Londres s/n) poderedes gozar da cualidade dos produtos asturianos. Coa compra dunha sidra natural, ofreceremos unha degustación de queixos asturianos. Os universitarios, co seu carné, terán un desconto no coste da botella.
Esta promoción realizarase ata fin de existencias.

Precio da botella: 4,5 euros
Para universitarios: 4 euros

24 ago 2012

CONCERTOS NA TERRAZA, O SÁBADO 25 DE AGOSTO

Parece que con permiso do tempo, mañá sábado (a partir das 18 horas) poderemos celebrar os concertos na terraza de Detrás do Marco. Así, aos grupos previstos inicialmente, temos que unir Stoyka e Eondri, que no pudieron actuar hoxe.

Así, mañá teremos unha tarde de concertos a terraza con grupos de xente nova que quere amosarnos a súa música.

23 ago 2012

MAÑÁ, CONCERTOS NA TERRAZA DE DETRÁS DO MARCO


Mañá 24 de agosto (a partir das 18:00 horas) na terraza do café Detrás do Marco teremos a oportunidade de gozar coa música en directo de varios grupos noveis e como peche da actuación do cantautor galego Rubén de Lis.

Os concertos comezarán ás 18:00 horas coa actuación de Stoyka, continuará con Eondri e o encargado de pechar a noite de espectáculo será Rubén de Lis.

Se hai chuvia, os concertos pasarán ao interior do local.

20 ago 2012

EXPOSICIÓN DE MARTA CABALEIRO, EN DETRÁS DO MARCO

A pintora galega Marta Cabaleiro amosará a sua obra en Detrás do Marco dende hoxe 20 de agosto ata o día 5 de setembro. A inauguración da mostra celebrarase o xoves 23 de agosto (20:30 horas).

15 ago 2012

PEPE PIÑA ACTUARÁ O VENRES 17 DE AGOSTO EN EN DETRÁS DO MARCO

O cantante e compositor Pepe Piña  actuará o venres 17 de agosto (21:00 horas) no café Detrás do Marco (R/ Londres, s/n).  Pepe ofrecerá un concerto con versións de cancións de Serrat, Simon & Garfunkel, Beatles, Eric Clapton ou Silvio Rodriguez, ademais de temas propios (blues, bossa), que farán a delicia de todos.

Piña ten un amplo percorrido na música profesional dende o seu inicio en solitario tocando en pubs no ano 78. Uns anos máis tarde fundou en Lugo, xunto a Alberto Comesaña,  o grupo “Semen Up” e no ano 88 refunda o grupo O carro con dous dos antigos compoñentes, participando como compositor e músico no Disco Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en compañía doutros grupos punteiros como Na Lúa, Luar na Lubre, Suso Vaamonde, etc... Continúa con grupos como Triceratops, Haceros del Norte ou Cosecha roja e remata a súa traxectoria actual coa creación do grupo Clave de FaDo no ano 2010.

As consumicións terán un recargo de 1 euro.

4 ago 2012

O XOVES 9 DE AGOSTO, PRESENTACIÓN DE SONIDONIA EN DETRÁS DO MARCO

O xoves 9 de agosto (21:00 horas), Concerto de Sonidonia en Detrás do Marco. Aínda que o nome non os resulte coñecido, sí que sabedes quen son: Eles son Gonzalo e Iria, de Clave de Fado, nun novo proxecto no que tentan de amosar a súa visión de cancións de toda a vida, de temazos, pero feitos por eles.

Creo que non volo podedes perder!!!

As consumicións terán un recargo de 1 euro.