30 may 2012

20 may 2012

GRAN ESPECTÁCULO NA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE MARÍA MARIÑO

Foi unha noite diferente, case íntima, grazas a voz de Vita, á maestría de Pablo co contrabaixo e aos cadros de María Mariño. Todos os presentes gozamos cunha actuación especial e a emoción da pintura que podemos contemplar ata o día 10 de xuño nas paredes de Detrás do Marco.

18 may 2012

MAÑÁ 19 DE MAIO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE MARÍA MARIÑO

A pintora viguesa María Mariño inaugura mañá sábado 19 de maio (20:30 horas) a súa exposición “Con outra mirada”, que permanecerá en Detrás do Marco ata o día 10 de xuño. Na inauguración actuará o grupo Pablo&Vita, que fará un percorrido polas  bandas sonoras de clásicos cinematográficos.



María (Vigo, 1979) é titulada en Imaxe e sempre desempeñou o seu traballo tralas cámaras de televisión, ata que en 2009, na Escola de Artes e Oficios de Vigo comeza os estudos de serigrafía artística, baixo a tutela do artista cubano Nelson Villalobos, precursor indubidable do seu novo camiño pictórico. Desta forma, María  pasou a compoñer sobre lenzo e papel aquilo que sempre vira tras unha cámara; así como a ver a arte dende a perspectiva dun artista. Así, coñecendo a obra doutros artistas, foi como encontrou a súa maior inspiración, Luis Seoane, pintor galego, e que, xunto a talentos tan dispares como Picasso e Andy Warhol, son os seus grandes referentes.


Co traballo do acrílico sobre lenzo, o uso da cor, das súas formas, é onde María Mariño busca mostrar a realidade que lle chama, que a rodea: as vendimas de cada ano, o campo, o mar de Vigo, o Berbés..., e como non, os sentimentos en primeiro plano.





Pablo&Vita. Eles serán os encargados de facernos vivir unha noite máxica percorrendo clásicos do cine a través das súas bandas sonoras, coma “Desayuno con diamantes”, “El Padrino”, “Con Faldas y a lo loco”, “Casablanca”, “Rocky” ou “La Pantera Rosa”, entre outros.



Vita Ivaskevica, cunha voz excepcional, é unha  cantautora e  compositora nacida  en Letonia, de pai ruso e nai letona.  A súa actividade artística desenvólvese, principalmente, na súa faceta de cantautora e é a responsable de poñerlle voz ás bandas sonoras.



Pablo Vidal Mendoza (contrabaixo),  de pai galego  e nai vasca, naceu en Bilbao e creceu  na Ría de Arousa. De formación ecléctica,  comeza  os  seus  estudos   de  piano   no  Conservatorio  de Pontevedra,  estuda  harmonía e composición na  escola  de jazz  “BAIO Ensemble”  de  Vigo  e  no  Ateneo  de  Música Moderna y Jazz de Madrid Felix Santos Guindel”. Despois dunha  intensa  actividade musical  en  grupos  da “movida” (“Os Resentidos”, “7ª Convocatoria” etc.), actualmente  adícase  a súa  faceta  de  compositor e produtor.




14 may 2012

O sábado 19 de maio, inauguración da exposición de María Mariño, coa actuación de Pablo&Vita, que nos farán recordar os clásicos do cine, coas súas versións de bandas sonoras.


9 may 2012

O DÍA 11 DE MAIO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN MÓVIL-IDADE EN DETRÁS DO MARCO

  • É a primeira mostra fotográfica do colectivo interxeracional Móvete.
O colectivo interxeracional Móvete organiza a súa primeira actividade coa celebración da exposición “Móvil-Idade”, cuxa inauguración celebrarase mañá 11 de maio (21:00 horas) en Detrás do Marco.

O colectivo Móvete está composto por "artistas" entre os 11 anos e os 55 anos e que de forma afeccionada, pero experimental, tratan de facer chegar a súa visión do mundo material e inmaterial a través de diversas formas e texturas.

MÓVIL-IDADE fai referencia á posibilidade de movernos fotograficamente a calquera idade cos recursos dispoñibles a man, só temos que mirar con outra mirada.  Son trinta fotografías feitas con móbil 3 ou 5 Mpx.  e a idea forza é: con móvil tamén podes ver fotograficamente. As fotos non están manipuladas e do revelado e encadrado encargouse Xullo Prado, fillo do fotógrafo vigues Julio Prado referente na súa época en Vigo.


Nesta primeira exposición, que coordina Andrés Vázquez, haberá fotos de  de viaxes e algunha outra do propio Vigo visto polos ollos infantís dos membros mais pequenos do colectivo.

O XOVES 10 DE MAIO, MONÓLOGO DE HÉCTOR RODRÍGUEZ EN DETRÁS DO MARCO

O cómico Héctor Rodríguez será o protagonista da noite do xoves 10 de maio (20:30 horas) en Detrás do Marco (R./ Londres, s/n),  nunha cita na que as gargalladas están garantidas. A entrada é gratuíta.

Héctor é un novo monologuista que, case de forma inesperada, comezou no mundo da animación e da comedia tras aceptar unha proposta para facer monólogos no local onde traballaba. E de repente, veuse enriba dos escenarios galegos e compartindo cartel con xente coma David Amor.

El explica que “estar encima dun escenario facendo rir a xente e algo imposible de explicar, só podes sentilo se o vives”.


Héctor Rodríguez é un soñador, goza falando e a súa única ilusión é facer rir aos que o rodean. Nos seus monólogos, gústalle falar de Galicia e das diferenzas existentes co resto de España e lle entusiasman as parodias do pobo.







Entrada libre.