31 jul 2012
29 jul 2012
O XOVES 2 DE AGOSTO, RUBÉN DE LIS EN DETRÁS DO MARCO
Volve Rubén de Lis a Detrás do Marco e ademais coa ilusión dun novo traballo debaixo do brazo. A cita é o xoves 2 de agosto (21:30 horas). Esperámosvos!
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
19 jul 2012
O VENRES 20 DE XULLO, ACTUACIÓN DO GRUPO CLAVE DE FADO
O
grupo Clave de FaDo -composto por
Iria Estévez (vocalista), Pepe Piña (guitarra acústica e compositor) e Gonzalo
Piña (guitarra española)- actuará mañá 20 de xullo (21:30 horas) no local Detrás do Marco (R./ Londres, s/n).
As consumicións terán un recargo de 1 euro.
Clave de FaDo nace en Galicia no
ano 2009 coa intención de crear unha formación musical diferente, que inclúa
fundamentalmente, música portuguesa e galega, sendo interpretada cunha
sonoridade propia, lograda a través da súa instrumentación pouco habitual para
este tipo de música (bouzouqui e baixo, ademais das guitarras). Nas súas actuacións, fai un percorrido polos distintos tipos de
fados e as músicas galegas máis poéticas, combinando así a frescura dos fados
máis alegres coa emoción das cancións galegas e fados máis sentidos.
15 jul 2012
MAÑÁ 16 DE XULLO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE LYDIA MIRANDA “INDIA EN LA RETINA”
-
Conta a viaxe
da fotógrafa á India no ano 2010
- Colabora coa
ONG Shanga India que fixo unha escola que acolle a 350 nenos e nenas.
A mostra, que
permanecerá en Detrás do Marco dende
mañá ata o día 2 de agosto, recolle a viaxe realizada no ano 2010 por Lydia
para coñecer a escola e visitar un país que lle resulta apaixonante, tal e como
poderemos ver nas súas fotografías, onde destaca por riba de todo ás miradas cheas
de sentimentos das e dos nenos.
Shanga India. Este colectivo naceu no ano 2004 da man de canguesa Neneta Herrero, co obxectivo de
escolarizar a nenas e nenos dunha rexión de India, moi mal comunicada. Desta
forma, construíron a escola “María Mariño” na aldea de Pubai, onde acollen a
350 rapaces da zona, grazas á aportas dos colaboradores desta asociación. Gran
parte do alumnado vive no propio centro (por dificultades económicas,de
desprazamento ou problemas familiares), mentres que outros acoden diariamente á
escola para a súa escolarización.
Este ano a ONG puido
comprar un autobús e ampliar a escola cun salón de actos e un taller de costura,
para dar unha saída profesional aos nenos. Dende a ONG recordan que con só 18
céntimos de euro poden dar manutención a un neno durante un día .
As fotografías que
estarán expostas en Detrás do Marco poden ser adquiridas e o diñeiro recadado
será entregada a este colectivo.
5 jul 2012
PRESENTACIÓN DO SEGUNDO LIBRO DA COLECCIÓN DETRÁS DO MARCO DA EDITORIAL ELVIRA
O segundo libro da colección Detrás do Marco, da editorial Elvira, xa
é unha realidade: “Los colores de la
sombra”, do poeta cántabro Néstor Carmona será presentado hoxe xoves 5 de xullo (21:00 horas) no café Detrás
do Marco, coa presenza do poeta e do ilustrador do libro, Nelson
Villalobos. É unha obra completamente artesanal, realizada mediante medios
serigráficos, e cada exemplar irá numerado e asinado polo escritor e o artista.
A Editorial Elvira comezou a súa andadura no mes de
xaneiro do presente ano e fíxoo coa colección “Detrás do Marco”, que
editará tres libros no presente ano e cada un deles terá unha tirada
máxima de 300 exemplares. A editorial non pretende abranguer grandes
mercados, senón que busca ese carácter íntimo e exclusivo dos libros de
artista. Todos os
libros serán feitos a man con medios
serigráficos, asinados polos seus autores (escritor e artista) e autenticados
por un notario, dándolle o seu valor de orixinal a cada exemplar, que o
converte así nun obxecto de coleccionista. Esta colección poderá ser mercada ao
prezo de 60 euros para os subscritores, mentres que cada libro por separado
terá un custe de 30 euros. A subscrición pode realizarse na páxina web da
editorial (http://editorialelvira.wordpress.com
Pola mañá, o poeta e o ilustrador atenderon aos medios de comunicación
para presentar o seu traballo e explicaron cómo xurdiu o mesmo. Néstor indicou
que “a pintura de Nelson Villalobos foi a inspiración dos meus poemas, e non ao
revés”. Ambos son amigos dende hai moitos anos e Carmona hai 17 anos fixo unha
selección de 21 obras do pintor e “a poesía está baseada no debuxo, e non ao
revés como sucede habitualmente”, manifestou o poeta. O cántabro explicou que
leva máis de 40 anos facendo versos e que “foi un pracer e unha honra traballar
xunto a Nelson neste proxecto”. O libro estaba feito dende hai 17 anos
esperando o momento, que chegou agora coa editorial Elvira.
Biografía. O autor deste segundo
libro, Néstor Carmona Fernández
(Santander, 1954), é un avogado e recoñecido experto en tributación
internacional, que sorprende na súa faceta de poeta. Ademais de ter unha
relevante produción de contidos na materia da
súa especialidade, publicou varios libros de poemas: Bloc de nadie (Molinos de Agua -Madrid, 1982), Fax para violín (Tantín - Santander,
1992), Numerable ceniza (Pre-Textos - Valencia, 1999, premio “Gerardo
Diego”) e El sur de la mirada
(Reino del Aire -Santander, 2004).
Na rolda de prensa, ademais dos dous artistas estiveron en
representación da editorial Elvira os escritores David Pérez e Enrique Sánchez.
Este último recordou que o obxectivo da editorial é facer “uns libros especiais
nos que intentamos conxugar a arte da literatura co arte pictórico”. Ademais,
tamén asistiu a autora do primeiro libro da colección “Detrás do Marco”, Daisy
Villalobos.
1 jul 2012
O 7 DE XULLO, TEATRO,AMOR E HUMOR EN DETRÁS DO MARCO
·
A compañía Abran
Paso! Presenta “Cantos...Contos”, obras de curta duración sobre o amor.
O sábado 7 de xullo (21:30 horas) a compañía de teatro
Abran Paso! presentará en Detrás do Marco (R./ Londres, s/n) “Cantos... Contos”, pequenas obras de
teatro sobre o amor cheas de humor.
“Cantos...Contos” presenta situacións de amor
dende perspectivas moi variadas, sempre dende o humor e a ironía, chegando á
parodia. Amor tolo, amor verdadeiro, amor obsesivo, o primeiro amor,… cos
ingredientes máis atractivos do sentimento amoroso: amantes, desexos, paixón,
desenganos, infidelidades, plans de futuro…
Son pequenos contos que irán interpretando por
parellas ou tríos os actores desta compañía galega (Carlos “Otis”, Guadalupe
López, María Jesús Vázquez, Mónica Yañez, Nieves Pérez e Ricardo Manso) e na
que buscan a participación do público asistente ao espectáculo.
A directora da obra é Esther Movilla-Castillo, licenciada
en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática. Actualmente, Esther
dirixe (N+1) Teatro e é docente de interpretación na Escola Municipal de Teatro
de Ourense..
¡Abran Paso! é unha Asociación Cultural creada en
2005, co obxectivo de difundir o teatro en todas as súas facetas. Os seus
membros, procedentes do "Obradoiro de Loly Buján" da "Casa da
Xuventude" de Ourense , comparten o amor polo teatro e teñen, por
separado, un currículo do máis diverso. Esta diversidade permítelles afrontar o
seu obxectivo en diferentes facetas, dende as obras máis contemporáneas ata o
repertorio clásico, animacións de rúa, talleres...
PRESENTACIÓN DO SEGUNDO LIBRO DA COLECCIÓN "DETRÁS DO MARCO"
Este xoves 5 de xullo realizarase
a presentación do segundo libro da Colección Detrás do Marco "Los colores de la sombra", do poeta cántabro Néstor Carmona Fernández, e ilustrado tamén polo artista Nelson
Villalobos. A presentación farase ás
21:00h no Café Detrás do Marco.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)