1 jul 2012

O 7 DE XULLO, TEATRO,AMOR E HUMOR EN DETRÁS DO MARCO

·         A compañía Abran Paso! Presenta “Cantos...Contos”, obras de curta duración sobre o amor.



O sábado 7 de xullo (21:30 horas) a compañía de teatro Abran Paso! presentará en Detrás do Marco (R./ Londres, s/n) “Cantos... Contos”, pequenas obras de teatro sobre o amor cheas de humor.



“Cantos...Contos” presenta situacións de amor dende perspectivas moi variadas, sempre dende o humor e a ironía, chegando á parodia. Amor tolo, amor verdadeiro, amor obsesivo, o primeiro amor,… cos ingredientes máis atractivos do sentimento amoroso: amantes, desexos, paixón, desenganos, infidelidades, plans de futuro…



Son pequenos contos que irán interpretando por parellas ou tríos os actores desta compañía galega (Carlos “Otis”, Guadalupe López, María Jesús Vázquez, Mónica Yañez, Nieves Pérez e Ricardo Manso) e na que buscan a participación do público asistente ao espectáculo.



A directora da obra é Esther Movilla-Castillo, licenciada en Arte Dramática pola Real Escola Superior de Arte Dramática. Actualmente, Esther dirixe (N+1) Teatro e é docente de interpretación na Escola Municipal de Teatro de Ourense..





¡Abran Paso! é unha Asociación Cultural creada en 2005, co obxectivo de difundir o teatro en todas as súas facetas. Os seus membros, procedentes do "Obradoiro de Loly Buján" da "Casa da Xuventude" de Ourense , comparten o amor polo teatro e teñen, por separado, un currículo do máis diverso. Esta diversidade permítelles afrontar o seu obxectivo en diferentes facetas, dende as obras máis contemporáneas ata o repertorio clásico, animacións de rúa, talleres...


No hay comentarios:

Publicar un comentario