15 jul 2012

MAÑÁ 16 DE XULLO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE LYDIA MIRANDA “INDIA EN LA RETINA”

  • Conta a viaxe da fotógrafa á India no ano 2010
  • Colabora coa ONG Shanga India que fixo unha escola que acolle a 350 nenos e nenas.
Vigo, 15 de xullo de 2012. “India en la retina”. Así se chama a exposición da fotógrafa Lydia Miranda, que será inaugurada mañá 16 de xullo (20:30 horas) en Detrás do Marco (R./ Londres s/n). Esta exposición ten como obxectivo fundamental dar a coñecer os proxectos da Asociación Shanga India, coa que colabora a fotógrafa dende hai varios anos. Así, viaxou á India para coñecer o traballo que desenvolve esta ONG alí, onde construíu a escola “María Mariño”, que acolle a 350 nenos e nenas.



A mostra, que permanecerá en Detrás do Marco dende mañá ata o día 2 de agosto, recolle a viaxe realizada no ano 2010 por Lydia para coñecer a escola e visitar un país que lle resulta apaixonante, tal e como poderemos ver nas súas fotografías, onde destaca por riba de todo ás miradas cheas de sentimentos das e dos nenos.



Shanga India. Este colectivo naceu no ano 2004 da man de  canguesa Neneta Herrero, co obxectivo de escolarizar a nenas e nenos dunha rexión de India, moi mal comunicada. Desta forma, construíron a escola “María Mariño” na aldea de Pubai, onde acollen a 350 rapaces da zona, grazas á aportas dos colaboradores desta asociación. Gran parte do alumnado vive no propio centro (por dificultades económicas,de desprazamento ou problemas familiares), mentres que outros acoden diariamente á escola para a súa escolarización.



Este ano a ONG puido comprar un autobús e ampliar a escola cun salón de actos e un taller de costura, para dar unha saída profesional aos nenos. Dende a ONG recordan que con só 18 céntimos de euro poden dar manutención a un neno durante un día .



As fotografías que estarán expostas en Detrás do Marco poden ser adquiridas e o diñeiro recadado será entregada a este colectivo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario