15 ago 2012

PEPE PIÑA ACTUARÁ O VENRES 17 DE AGOSTO EN EN DETRÁS DO MARCO

O cantante e compositor Pepe Piña  actuará o venres 17 de agosto (21:00 horas) no café Detrás do Marco (R/ Londres, s/n).  Pepe ofrecerá un concerto con versións de cancións de Serrat, Simon & Garfunkel, Beatles, Eric Clapton ou Silvio Rodriguez, ademais de temas propios (blues, bossa), que farán a delicia de todos.

Piña ten un amplo percorrido na música profesional dende o seu inicio en solitario tocando en pubs no ano 78. Uns anos máis tarde fundou en Lugo, xunto a Alberto Comesaña,  o grupo “Semen Up” e no ano 88 refunda o grupo O carro con dous dos antigos compoñentes, participando como compositor e músico no Disco Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en compañía doutros grupos punteiros como Na Lúa, Luar na Lubre, Suso Vaamonde, etc... Continúa con grupos como Triceratops, Haceros del Norte ou Cosecha roja e remata a súa traxectoria actual coa creación do grupo Clave de FaDo no ano 2010.

As consumicións terán un recargo de 1 euro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario