A mostra de Antón, en
branco e negro, amosa a viaxe que realizou a Berlín en agosto de 2011 e foron
realizadas en dous sitios: Spreepark
e Teufelsberg. Con esta exposición o fotógrafo quere
“mostrar outro lado do Berlín histórico un tanto
apocalíptico no que as construcións humanas foron esquecidas e a natureza se
apoderou delas”.
Spreepark é un parque de atraccións abandonado situado ao norte de Plänterwald. Foi inaugurado en 1969 cunha superficie de 29,5 hectáreas e vinte anos máis tarde entrou en quebra e quedou a mercé da vexetación. Actualmente estase a reconstruír.
Teufelsberg foi unha estación de radar espía -traducida como “Montaña do demo”- , que está situada nun outeiro no Grunewald localidade da antiga Berlín Occidental. Creouse durante a Guerra Fría pola NSA (Axencia de Seguridade Nacional) de Estados Unidos co obxectivo de facer escoitas contra os rusos.
Posteriormente a compañía abandonou o proxecto e o lugar quedou arrasado polo vandalismo e usado por okupas para vivir.
Na actualidade foi comprada polo famoso director de cine David Lynch co obxectivo de construír un centro de meditación da seita “Transzendentale Meditation”, á cal pertence.
No hay comentarios:
Publicar un comentario