5 oct 2012

MAÑÁ 6 DE OUTUBRO, CONCERTOS DE CARABA, BALDOSA AMARILLA E LOS LENTOS, EN DETRÁS DO MARCO

 Nova actuación en Detrás do Marco. A cita será mañá 6 de outubro, a partir das seis da tarde na terraza, e cun compreto cartel: Os grupos galegos Caraba, Baldosa Amarilla e Los Lentos.

 

Caraba. Este grupo vigués, creado hai tres anos, está formado por Pablo Miguélez "Greñas" (batería e programacións); Xermán Bugallo (voz e guitarras) e Nicolás de la Flor (baixo).  O seu traballo “Que tengas un buen día” é un álbum de pop-rock, con melodías de saxo que sorprenderá.

 

Los Lentos. Este grupo galego editou o seu primeiro disco con Arca de Noé. Este primeiro traballo foi gravado, editado e mesturado nos estudos Casa de Tolos en Gondomar (Pontevedra). Esta nova formación de novas promesas musicais, da comezo así á súa carreira musical para ofrecer temas propios con influencias dos grandes clásicos do rock&roll, blues e o funky.

 

Baldosa Amarilla. Nace no Porriño. Dende a súa fundación a banda estivo constituída por Frus (Voz), Jose Núñez (Guitarra), Iago Bastos (Guitarra), Gatsby (Guitarra e Coros), Alex Crende (Baixo e Coros) e Moses (Batería). Tras subirse por primeira vez a un escenario como Baldosa Amarilla no festival universitario Leonardo DaVinci en 2006, agora
presentan o seu novo traballo “La colisión invisible”, autoproducido e gravado en Océano Estudios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario