16 oct 2012

O 19 DE OUTUBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN COLECTIVA “LAS 2 ORILLAS”

"Las 2 Orillas". Este é o nome da exposición colectiva integrada por: Marthazul, Gonzalo, Alicia, Augusto Metztli, Esther, Yellice e Olalla Ofl, que se inaugurará o venres 19 de outubro no café Detrás do Marco de Vigo ás 21:00 horas. A mostra é unha mestura entre culturas e experiencias vividas a
ambos os dous lados do Atlántico e da ría de
Vigo, xa que algúns dos integrantes viviron ao outro lado do "charco" e outros viven a ambos lados da ría.

Destes sete artistas, cinco (
Esther, Gonzalo, Olalla Ofl, Yellice e Alicia)
coñecéronse hai catro anos no taller de Serigrafía Artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de
Vigo (EMAO), onde xunto co seu profesor, Nelson Villalobos
, descubriron e redescubriron a arte e a necesidade de
plasmar artisticamente o que levan dentro.
Aí xurdiu tamén o grupo artístico Sol Poniente, integrado por:
Olalla Ofl, Yellice e Alicia, que dende hai tres anos están a moverse coas súas creacións pola xeografía galega. Marthazul e Augusto Metztli son dous artistas de Villagarcia de Arousa
. A súa traxectoria
artística é máis longa que a dos outros, pero causalidades da vida fixeron que hai un ano formasen parte doutra colectiva xunto con
Olalla e Yellice en "La Esquina Coloreada" na Confitería-café La Esquina de Arzúa. Dende entón colaboraronen distintas actividades organizadas por Marthazul e Augusto como "Postales para beber café" e "La bolsa del mercado".

A continuación, tedes unha breve descrición de cada un dos artistas que, a partir do 19 de outubro e ata o 9 de novembro, compartirán con todo o que se pase polo café
Detrás do Marco as seus
obras.
 
Marthazul: Pintora galega, vinculada con Latinoamérica en moitos ámbitos da súa vida profesional, cunha ampla traxectoria artística, de máis dunha década. A súa materia prima preferida é o óleo sobre tea ou papel.

Gonzalo: Realiza os seus estudos en Vigo (serigrafía e gravado), Santiago (Licenciatura en Historia da arte), Valladolid (máster en narrativa cinematográfica) e Menorca (gravado con Pere
Pons), principalmente. Interésalle moito o aspecto transcendental das formas e a estética na arte, entendida como extensión do ser humano. O gravado permítelle tratar esta idea con plena liberdade experimental. "Todas as persoas son fermosas por natureza e os seus sentimentos son códigos dunha linguaxe,dun carácter intransferible, conxunto de sinais de vida. Vivo entre tantos sinais que a cegueira me pode”.
 
Alicia:Pintora galega, licenciada pola universidade de BB.AA de Salamanca. "A arte como medio de expresión de ideas, imaxes ou formas que me rodean, sen outrofin que o de crear un ambiente de beleza. Gústame a cor, a plasticidade e a expresión nas miñas obras".
Augusto Metztli: Pintor e ilustrador mexicano. Disecta fragmentos da realidade e sométeos un estraño tratamento que remata por convertelos á súa linguaxe pictórica. A súa obra é a síntese dun exercicio de apropiación.

Esther: "As miñas obras paséanse a través de cores cálidas, cores naturais relacionadas especialmente coa terra. Xogando con estampados de formas básicas,as cales, a partir da repetición dan peso a unha unidade maior como pode ser a figura humana ou o seu rostro".

Yellice: Nace en Caracas - Venezuela, filla de emigrantes galegos, por iso di que "é de sangue galego e alma venezolana". Dende os 4 anos que tivo un lapis de cor nas súas mans para debuxar, non o soltou. Cursou estudos artísticos a ambos lados do "charco". A través das súas obras mostra o seu
nexo de unión mediante a maxia da luz e das cores que tanto teñen e seguen
influíndo. Plasma todo aquilo que observa inconscientemente ao seu arredor: construcións, natureza, sensacións...Todo iso dá lugar a un mundo imaxinario, surrealista e abstracto.
 
Olalla Ofl: "O debuxo é o meu modo de expresión máis directo. Só intento mostrar eses pequenos detalles que ás veces nos podemos perder. Xogo co natural do ser humano, tanto co seu ámbito como consigo mesmo. Presento historias,momentos ou instantes pero sempre dende unha perspectiva optimista do mundo no que nos tocou vivir... O meu
compañeiro de viaxe é o lapis e a cor, cunha visión ilustrativa do mundo que se
fai notar nos medios de expresión que utilizo, todos mostran unha historia ou un instante captado xeralmente a través dun personaxe "A nena dous
cabelos

vermellos".

No hay comentarios:

Publicar un comentario