28 sept 2012

MAÑÁ 29 DE SETEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE XULIA XESUSA LEIVA “MIRADAS”

Mañá 29 de setembro (20:30 horas) celebraremos a exposición de Xulia Xesusa Leiva “Miradas”, que permanecerá en Detrás do Marco (R./ Londres s/n) ata o próximo día 17 de outubro.
 
Xulia, nada en Pontesampaio (Pontevedra), dende moi temperá idade se sentiu atraída polos traballos artesanais, as manualidades e a pintura, aos que non puido dedicarse debido ao momento económico e político que lle tocou vivir e que lle supuxo un impedimento á hora de achegarse ao mundo artístico.

Asistiu a clases de modelado, baleirado e moldes co escultor vigués Remigio Dávila e estudou talle en madeira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde actualmente recibe clases de cerámica.

"Miradas" é a súa primeira exposición individual de pintura, tras participar en varias exposicións colectivas de cerámica e talle. Dende hai tres anos acode ás clases de debuxo e pintura impartidas polo artista Nelson Villalobos, do que afirma que lle deu a seguridade e o impulso creativo, permitíndolle, mediante o seu traballo, achegarse a un mundo que respecta e admira.

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario