10 nov 2011

A ORDE O O CAOS DE XULIO LAGO CONVIVEN EN DETRÁS DO MARCO


A exposición de Xulio Lago “Orden K” (Orde e Caos) xa é a protagonista das paredes de Detrás do Marco. Onte celebrouse o acto de inauguración da mostra do artista vigués, na que Patricia Moon amosou a súa preciosa voz e o seu virtuosismo co violín.

Na exposición, que permanecerá no café ata o día 27 de novembro,  Xulio Lag amosa a súa obra máis persoal e íntima “coa que buscaba a beleza do máis sinxelo”. Así no traballo domiña a cor branca principalmente, “intentando transmitir serenidade”. Esta obra foi creada por Lago para esta exposición en Detrás do Marco, e “non se parece a nada do que fixen ata agora”.

E a pesar diso,  nos cadros aparece a figura de Xulio Lago, tal e como destacou a pintora María Jalda na súa presentación, “esta obra representa a Xulio e iso é o mellor que se pode decir dun artista. Xulio é un home sinxelo e iso é o que transmite este traballo”. Ademais, María destacou a dificultade de traballar coa cor branca: “Aínda que non o parece e moi complicado”.

E a inauguración rematou coa actuación de Patricia Moon, que puso a nota de cor co seu violín vermello e a súa voz aterciopelada, que amosou aos  presentes o seu traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario