20 dic 2011

DETRÁS DO MARCO CELEBRA O NADAL COS SEUS CLIENTES

Detrás do Marco” quere celebrar o Nadal e para iso haberá agasallos para os seus clientes os próximos días 21 e 22 de decembro. Serán dous días nos que os clientes do local terán a posibilidade de recibir un busto de Susana Pazo (actual expositora en Detrás do Marco), ademais doutros obsequios.
Serán dúas as formas de recibir o agasallo. Haberá un regalo directo para  os clientes que durante eses dous días fagan un gasto superior a 12 euros (por mesa). Poderán elixir un dos regalos que estarán colgados na árbore de Nadal. Iso si, os premiados deberán acudir ao local calquera dos dous días, a partir das nove da noite, para cambiar o ticket da consumición por un agasallo.

Ademais, haberá un sorteo. Detrás do Marco entregará a todos os usuarios  que os días 21 e 22 de decembro acudan ao café unha papeleta cun número e de todos os participantes no sorteo sairá o gañador dunha obra da pintora e escultora galega Susana Pazo. O sorteo celebrarase o día 22 ás 23 horas no propio local.
Nestes dous días Detrás do Marco ampliará o seu horario ata as doce da noite. O día 21 o local será o punto de encontro para ver a publi-reportaxe sobre o café, que será emitido no programa Aves Nocturnas de Televigo ás 23:40 horas.
Ao día seguinte, 22, Detrás do Marco súmase á iniciativa “Noite Branca” da Asociación de Comerciantes Zona Centro, na que haberá sorpresas no comercio e locais do centro, con chocolatada, actuacións e agasallos en moitos establecementos do centro.


Bo Nadal para todos e todas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario