18 mar 2012

EXPOSICIÓN DA ESCOLA DE PINTURA "PINCEL VERDE"

Dende hoxe e ata o domingo 25 de marzo poderedes contemplar en Detrás do Marco a exposición colectiva da escola de pintura "Pincel Verde".

Nesta mostra hai obra de varios alumnos de "Pincel Verde" e de todas as idades (dende os 5 anos) polo que haberá estilos moi diferentes pero sempre dende a ilusión e o amor pola pintura.

"Pincel verde" é unha tenda taller onde podes atopar todo o necesario para o mundo das manualidades, artesanía, pintura e decoración e onde tamén ofrecen clases de manualidades, pintura e debuxo durante todo o ano. As clases de pintura e debuxo son impartidas por Víctor Tajes. Podedes seguilos na páxina de facebook: Pincel Verde



15 mar 2012

APRAZADO O TALLER INFANTIL

Aprazado o taller infantil previsto para o día 18 de marzo.
En breve, informaremos sobre a nova data.

Moitas grazas e perdoade as molestias.

13 mar 2012

REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO TALLER INFANTIL DO DÍA 18 DE MARZO

Todos os nenos e nenas interesados en participar no taller infantil a celebrar o domingo 18 de marzo (12:00 horas) deben inscribirse en prensa.detrasdomarco@gmail.com, antes do mércores 14 de marzo ás 20:00 horas. É para rapaces de seis ou máis anos e unha vez inscritos, enviaremos un correo confirmando a praza e o material que necesitan. Un saudiño.

10 mar 2012

RUBÉN DE LIS FIXO AS DELICIAS DO PÚBLICO DE DETRÁS DO MARCO

Unha vez máis, Rubén de Lis logrou que durante un par de horas a crise quedase aparcada, para facernos cgozar coa súa actuación. As súas versións de grandes temas e as súas propias cancións foron as protagonistas xunto ao público de Detrás do Marco, que participou de forma activa na actuación.

Graciñas a tod@s!


6 mar 2012

TALLER INFANTIL, O DOMINGO 18 DE MARZO

Unha nova actividade para os máis pequenos. O domingo 18 de marzo (12 horas) organizamos un taller infantil para realizar un regalo para papá. Os interesados deben enviar un correo electrónico a prensa.detrasdomarco@gmail.com confirmando su interés en acudir porque son prazas limitadas e para nen@s de máis de seis anos. Ademais cada rapaz debe levar unha oveira de 12 unidades con tapa de plástico e seis bolas de poliespan, así coma papel de regalo, para a confección do agasallo para papá.

ACTUACIÓN DE RUBÉN DE LIS, O SÁBADO 10 DE MARZO

Volve a Detrás do Marco Rubén de Lis, coa súa guitarra, a facernos pasar unha tarde de boa música.
Entrada libre.

MOMENTAZO ENTRE SILVIA WOMAMI E CLAVE DE FADO

O xoves día 1 de marzo puidemos vivir un momentazo na actuación de Silvia Womami. Entre o público estaban Gonzalo e Iria de Clave de Fado, e ao final do concerto, subiron ao escenario e os tres cantaron xuntos Lela. ofrecendo un momentazo único e moi especial para todos os presentes.

Moitísimas grazas a eles!