25 nov 2012

GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO Á INICIATIVA "CAFÉ E LIBROS"


Espectacular resposta do público á iniciativa emprendida hoxe por Detrás do Marco "Café e libros" pola cal cada cliente podía levar un libro coa súa consumición. Máis de douscentos exemplares de todos los xéneros literarios, e para todas as idades, estaban a disposición dos clientes do café que responderon con moito interés a este proxecto, que terá continuidade no tempo.

22 nov 2012

O DÍA 25 DE NOVEMBRO, “CAFÉ E LIBROS” EN DETRÁS DO MARCO

O domingo 25 de novembro (12:00 horas) Detrás do Marco porá en marcha a iniciativa “Café e libros”, pola cal cada cliente do local poderá levarse gratis a casa un libro dos que estarán expostos no café (ata fin de existencias).

 

Este programa ten por obxecto promover a lectura en tempos de crise co agasallo de exemplares de segunda mano que xa foron lidos polos seus donos e son cedidos para esta iniciativa. Desta forma, os libros estarán expostos no local para a súa consulta e os clientes poder cambiar o seu tícket da consumición por un libro ata fin de existencias (e só un  exemplar por persoa).

 

Entre os volumes existentes figuran novelas históricas, libros de terror, novela contemporánea.. Obras para todos os gustos e idades.

 

 

14 nov 2012

O VENRES 16 DE NOVEMBRO, CONCERTO DE PEPE PIÑA

O venres 16 de novembro (20:30 horas) volverá ao noso local o cantautor galego Pepe Piña, que nos fará gozar dunha noite de boa música e grandes momentos, recordando cancións que todos coñecemos. No seu repertorio, Joaquín Sabina, Silvio Rodríguez, Serrat ou The Beatles, así que será un recorrido moi variado pola música dos 70, 80, 90 e 2000.

MAÑÁ 15 DE NOVEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “ABANDONOS BERLÍN”

Antón García amosará en Detrás do Marco a súa obra fotográfica na exposición “Abandonos Berlín”, que permanecerá no local entre os días 15 de novembro e 2 de decembro. Mañá terá lugar o acto de inauguración a partir das 20:30 horas.

 

A mostra de Antón, en branco e negro, amosa a viaxe que realizou a Berlín en agosto de 2011 e foron realizadas en dous sitios: Spreepark e Teufelsberg. Con esta exposición o fotógrafo quere “mostrar outro lado do Berlín histórico un tanto apocalíptico no que as construcións humanas foron esquecidas e a natureza se apoderou delas”.


   Spreepark é un parque de atraccións abandonado situado ao norte de Plänterwald. Foi inaugurado en 1969 cunha superficie de 29,5 hectáreas e vinte anos máis tarde entrou en quebra e quedou a mercé da vexetación. Actualmente estase a reconstruír.


   Teufelsberg foi unha estación de radar espía -traducida como “Montaña do demo”- , que está situada nun outeiro no Grunewald localidade da antiga Berlín Occidental. Creouse durante a Guerra Fría pola NSA (Axencia de Seguridade Nacional) de Estados Unidos co obxectivo de facer escoitas contra os rusos.
Posteriormente a compañía abandonou o proxecto e o lugar quedou arrasado polo vandalismo e usado por okupas para vivir.


Na actualidade foi comprada polo famoso director de cine
David Lynch co obxectivo de construír un centro de meditación da seita “Transzendentale Meditation”, á cal pertence.





 

 

 

 

30 oct 2012

O VENRES 2 DE NOVEMBRO, PRESENTACIÓN DO LIBRO “CUENTOS PARA UNA SONRISA”

§  É un proxecto benéfico para Alex, un neno vigués con parálise cerebral.

“Cuentos para una sonrisa”. Detrás do título deste libro está o sorriso de Alex, un neno vigués con parálise cerebral, xa que todo o diñeiro recadado será entregado á súa familia para o tratamento médico que necesita. O acto de presentación do libro celebrarase o venres 2 de novembro (21:00 horas) en Detrás do Marco.
 
O libro está formado por 18 contos, todos eles ilustrados, de outros tantos autores que colaboran de forma absolutamente desinteresada neste proxecto, igual que a editorial (Edicións Cardeñoso) que asumiu o custo total da edición.
 

En total serán 200 exemplares que se venderán a un prezo de 10 euros, que serán entregados integramente á familia de Alex. A idea xurdiu hai uns meses cando Enrique Sánchez coñeceu a Alex e as súas necesidades e ocorréuselle a idea de facer un libro para recadar fondos. Dende entón, moito traballo e moita ilusión ata chegar ao acto de presentación, que se celebrará este venres en Detrás do Marco.

 

Alex, de 5 anos, naceu con parálise cerebral por culpa dun problema durante o parto, pero nin el nin a súa familia se renderon en ningún momento e están loitando por darlle a mellor vida posible. Para iso xa iniciaron varias campañas para acadar fondos para as operacións que necesita (tapóns de plástico de botellas), para o andador que ven de conseguir... Todo grazas ao esforzo da familia e amigos. Podedes coñecer toda a súa historia en: http://www.lasonrisadealex.es/

 

16 oct 2012

O SÁBADO 20 DE OUTUBRO, II FESTIVAL POLIPOÉTICO EN DETRÁS DO MARCO


O sábado 20 de outubro -día do pasamento do poeta beat Jack Kerouac- celebrarase o II Festival Polipoético de Vigo, que ofrecerá tres horas de poesía, música, teatro e maxia en Detrás do Marco.
O festival desenvolverase de 19h a 1:00h, primeiro en Detrás do Marco, e despois no escenario de La Fiesta de los Maniquíes, na rúa Rogelio Abalde. Dous emprazamentos cercanos e dous focos de expresión artística na cidade, que proponen seis horas de recitados, imaxes, música, teatro, performance, contos, oídos atentos e mentes abertas.
Organizado por La Fiesta de los Maniquíes, coa colaboración de Detrás do Marco, conta coa participación de 26 artistas de toda Galicia e Portugal, englobados dentro de 15 propostas.
De novo cunha visita do país veciño, o brasileiro Nilson Muniz, artista multidisciplinar afincado en Lisboa con especial predilección pola performance, que levou o seu espectáculo “Cousa Pradizer” por toda Europa. Dende Badajoz chega Felipe Zapico, bloguero de prosa e poesía que "cuspe" a súa obra nas redes sociais. O Colectivo Arín Dodó desprázase dende Madrid para traer a Vigo a súa improvisación libre con voces, metales, didgeridoo, percusión e sons dixitais, buscando o lado menos amable dun arte que, según eles, se anestesia na búsqueda dun suposto canon de beleza. Tamén estarán representados a maioría de colectivos poéticos de Vigo e a súa área de influencia, no que será unha festa da poesía da cidade, e máis que iso, unha festa da expresión libre ou as distintas maneras posibles de dicir as cousas.
A poesía está en todas partes. A poesía pode cambiar o mundo. A poesía é moderna e cosmopolita. A poesía deixou de ser aburrida e pasea desnuda pola rúa e polos bares á vista de todos. A poesía é necesaria para a vida e para a cidade de Vigo. Se queres saber o porqué vai ver o II Festival Polipoético de Vigo, o sábado 20 de outubro entre as 19:00 e á 1:00h, en Detrás do Marco primeiro e en La Fiesta de los Maniquíes despois, con músicos, actrices, poetas e performers invitados de Madrid, Lisboa e toda Galicia.

O 19 DE OUTUBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN COLECTIVA “LAS 2 ORILLAS”

"Las 2 Orillas". Este é o nome da exposición colectiva integrada por: Marthazul, Gonzalo, Alicia, Augusto Metztli, Esther, Yellice e Olalla Ofl, que se inaugurará o venres 19 de outubro no café Detrás do Marco de Vigo ás 21:00 horas. A mostra é unha mestura entre culturas e experiencias vividas a
ambos os dous lados do Atlántico e da ría de
Vigo, xa que algúns dos integrantes viviron ao outro lado do "charco" e outros viven a ambos lados da ría.

Destes sete artistas, cinco (
Esther, Gonzalo, Olalla Ofl, Yellice e Alicia)
coñecéronse hai catro anos no taller de Serigrafía Artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de
Vigo (EMAO), onde xunto co seu profesor, Nelson Villalobos
, descubriron e redescubriron a arte e a necesidade de
plasmar artisticamente o que levan dentro.
Aí xurdiu tamén o grupo artístico Sol Poniente, integrado por:
Olalla Ofl, Yellice e Alicia, que dende hai tres anos están a moverse coas súas creacións pola xeografía galega. Marthazul e Augusto Metztli son dous artistas de Villagarcia de Arousa
. A súa traxectoria
artística é máis longa que a dos outros, pero causalidades da vida fixeron que hai un ano formasen parte doutra colectiva xunto con
Olalla e Yellice en "La Esquina Coloreada" na Confitería-café La Esquina de Arzúa. Dende entón colaboraronen distintas actividades organizadas por Marthazul e Augusto como "Postales para beber café" e "La bolsa del mercado".

A continuación, tedes unha breve descrición de cada un dos artistas que, a partir do 19 de outubro e ata o 9 de novembro, compartirán con todo o que se pase polo café
Detrás do Marco as seus
obras.
 
Marthazul: Pintora galega, vinculada con Latinoamérica en moitos ámbitos da súa vida profesional, cunha ampla traxectoria artística, de máis dunha década. A súa materia prima preferida é o óleo sobre tea ou papel.

Gonzalo: Realiza os seus estudos en Vigo (serigrafía e gravado), Santiago (Licenciatura en Historia da arte), Valladolid (máster en narrativa cinematográfica) e Menorca (gravado con Pere
Pons), principalmente. Interésalle moito o aspecto transcendental das formas e a estética na arte, entendida como extensión do ser humano. O gravado permítelle tratar esta idea con plena liberdade experimental. "Todas as persoas son fermosas por natureza e os seus sentimentos son códigos dunha linguaxe,dun carácter intransferible, conxunto de sinais de vida. Vivo entre tantos sinais que a cegueira me pode”.
 
Alicia:Pintora galega, licenciada pola universidade de BB.AA de Salamanca. "A arte como medio de expresión de ideas, imaxes ou formas que me rodean, sen outrofin que o de crear un ambiente de beleza. Gústame a cor, a plasticidade e a expresión nas miñas obras".
Augusto Metztli: Pintor e ilustrador mexicano. Disecta fragmentos da realidade e sométeos un estraño tratamento que remata por convertelos á súa linguaxe pictórica. A súa obra é a síntese dun exercicio de apropiación.

Esther: "As miñas obras paséanse a través de cores cálidas, cores naturais relacionadas especialmente coa terra. Xogando con estampados de formas básicas,as cales, a partir da repetición dan peso a unha unidade maior como pode ser a figura humana ou o seu rostro".

Yellice: Nace en Caracas - Venezuela, filla de emigrantes galegos, por iso di que "é de sangue galego e alma venezolana". Dende os 4 anos que tivo un lapis de cor nas súas mans para debuxar, non o soltou. Cursou estudos artísticos a ambos lados do "charco". A través das súas obras mostra o seu
nexo de unión mediante a maxia da luz e das cores que tanto teñen e seguen
influíndo. Plasma todo aquilo que observa inconscientemente ao seu arredor: construcións, natureza, sensacións...Todo iso dá lugar a un mundo imaxinario, surrealista e abstracto.
 
Olalla Ofl: "O debuxo é o meu modo de expresión máis directo. Só intento mostrar eses pequenos detalles que ás veces nos podemos perder. Xogo co natural do ser humano, tanto co seu ámbito como consigo mesmo. Presento historias,momentos ou instantes pero sempre dende unha perspectiva optimista do mundo no que nos tocou vivir... O meu
compañeiro de viaxe é o lapis e a cor, cunha visión ilustrativa do mundo que se
fai notar nos medios de expresión que utilizo, todos mostran unha historia ou un instante captado xeralmente a través dun personaxe "A nena dous
cabelos

vermellos".