26 mar 2012

MAÑÁ 27 DE MARZO, PRESENTACIÓN DO PROXECTO CINEMATOGRÁFICO “9 ONDAS”

Mañá 27 de marzo (20:15 horas) terá lugar o acto de presentación do proxecto cinematográfico “9 Ondas”, emprendido por elcercano.com e o director Simone Saibene.
Este proxecto fuxe do financiamento oficial, a través de institucións públicas, e opta por novas formas de unión de forzas para lograr sacar adiante esta idea.  Para iso, planearon tres fórmulas de participación: Mediante a compra de accións (cun custe de 100 euros), de participacións (50 euros) ou achegas a través de internet (a partir de 10 euros). Neste momento, este proxecto xa logrou xuntar uns 8.000 euros.
No acto de maña, presentado polo xornalista Fernando Franco, os promotores de “9 Ondas” explicarán a proposta e poderemos contemplar o making of  da mesma. Con anterioridade o proxecto xa foi presentado en Ourense, Coruña e incluso en Turín, cidades onde foi acollido con moito cariño.
Sinopse de 9 Ondas.  Na fronteira entre Galicia e Portugal, un home esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. Comeza así un camiño cara á súa verdadeira identidade.
Máis información na páxina web:
www.elcercano.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario