O martes 27 de marzo celebrouse en Detrás do Marco a presentación do proxecto cinematográfico "9 Ondas", acto que tivo unha gran acollida por parte dun auditorio moi participativo e divertido.
28 mar 2012
26 mar 2012
MAÑÁ 27 DE MARZO, PRESENTACIÓN DO PROXECTO CINEMATOGRÁFICO “9 ONDAS”
Mañá 27 de marzo (20:15 horas) terá lugar o acto de presentación do proxecto cinematográfico “9 Ondas”, emprendido por elcercano.com e o director Simone Saibene.
Este proxecto fuxe do financiamento oficial, a través de institucións públicas, e opta por novas formas de unión de forzas para lograr sacar adiante esta idea. Para iso, planearon tres fórmulas de participación: Mediante a compra de accións (cun custe de 100 euros), de participacións (50 euros) ou achegas a través de internet (a partir de 10 euros). Neste momento, este proxecto xa logrou xuntar uns 8.000 euros.
No acto de maña, presentado polo xornalista Fernando Franco, os promotores de “9 Ondas” explicarán a proposta e poderemos contemplar o making of da mesma. Con anterioridade o proxecto xa foi presentado en Ourense, Coruña e incluso en Turín, cidades onde foi acollido con moito cariño.
Sinopse de 9 Ondas. Na fronteira entre Galicia e Portugal, un home esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. Comeza así un camiño cara á súa verdadeira identidade.
Máis información na páxina web:
www.elcercano.com

NOVA EXPOSICIÓN EN DETRÁS DO MARCO: ALBERTO GRANADA
Chega a obra dun novo artista a Detrás do Marco: Alberto Granada inaugurará o venres 30 a exposición "A vida é un accidente", que estará colgada no café dende hoxe mesmo.
O 27 DE MARZO, PRESENTACIÓN DO PROXECTO CINEMATOGRÁFICO "9 OLAS"
O día 27 de marzo (20:15 horas) celebraremos a presentación do proxecto cinematográfico "9 Olas" de Elcercano.com e Simone Saibene. O acto será presentado polo xornalista Fernando Franco.
24 mar 2012
BO AMBIENTE E MOITO HUMOR NA PRESENTACIÓN DO LIBRO "MI PADRE COMÍA BOTONES"
Foi un acto moi distendido e de moitas risas, grazas aos presentadores do acto e ao autor do libro, Juan Sacha, que amosaron un gran sentido do humor e que fixero rir a todas e todos os presentes na presentación do libro "Mi padre comía botones", da editorial Redelibros.
Grazas a tod@s por vir!
Grazas a tod@s por vir!
20 mar 2012
ACTIVIDADES NESTA SEMANA EN DETRÁS DO MARCO
Detrás do Marco continúa coa súa aposta pola cultura e así esta semana ten varias actividades. Durante toda a semana poderá contemplarse a exposición da escola de pintura "Pincel Verde", na que participan varios alumnos do taller (dende nenos a adultos). Ademais, o xoves contaremos coa actuación musical de Indio (20:30 horas), coas súas versións de Sabina e Víctor Jara, entre outros.
E o venres presentaremos o libro "Mi padre comía botones", de Juan Sacha (20:00 horas). O acto será presentado polo editor Fran Zabaleta e Bernardo Vázquez (música).
E o venres presentaremos o libro "Mi padre comía botones", de Juan Sacha (20:00 horas). O acto será presentado polo editor Fran Zabaleta e Bernardo Vázquez (música).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)