5 oct 2012

MAÑÁ 6 DE OUTUBRO, CONCERTOS DE CARABA, BALDOSA AMARILLA E LOS LENTOS, EN DETRÁS DO MARCO

 Nova actuación en Detrás do Marco. A cita será mañá 6 de outubro, a partir das seis da tarde na terraza, e cun compreto cartel: Os grupos galegos Caraba, Baldosa Amarilla e Los Lentos.

 

Caraba. Este grupo vigués, creado hai tres anos, está formado por Pablo Miguélez "Greñas" (batería e programacións); Xermán Bugallo (voz e guitarras) e Nicolás de la Flor (baixo).  O seu traballo “Que tengas un buen día” é un álbum de pop-rock, con melodías de saxo que sorprenderá.

 

Los Lentos. Este grupo galego editou o seu primeiro disco con Arca de Noé. Este primeiro traballo foi gravado, editado e mesturado nos estudos Casa de Tolos en Gondomar (Pontevedra). Esta nova formación de novas promesas musicais, da comezo así á súa carreira musical para ofrecer temas propios con influencias dos grandes clásicos do rock&roll, blues e o funky.

 

Baldosa Amarilla. Nace no Porriño. Dende a súa fundación a banda estivo constituída por Frus (Voz), Jose Núñez (Guitarra), Iago Bastos (Guitarra), Gatsby (Guitarra e Coros), Alex Crende (Baixo e Coros) e Moses (Batería). Tras subirse por primeira vez a un escenario como Baldosa Amarilla no festival universitario Leonardo DaVinci en 2006, agora
presentan o seu novo traballo “La colisión invisible”, autoproducido e gravado en Océano Estudios.

3 oct 2012

MAÑÁ XOVES 4 DE OUTUBRO, CONCERTO DE SONIDONIA EN DETRÁS DO MARCO


O grupo está formado por Iria e Gonzalo, de Clave de Fado.

Vigo,  3 de outubro de 2012. Sonidonia volve a Detrás do Marco (20:30 horas), despois da súa presentación no mes de agosto. É un proxecto novo, pero os integrantes do mesmo non son descoñecidos para nós. Dous dos compoñentes de Clave de FaDo, Iria Estévez, a vocalista, e Gonzalo Piña,baixista-guitarrista, son Sonidonia. Nesta ocasión atrévense con músicas de diferentes estilos e de moi diversas orixes, mesturando o encanto dos fados, a forza do blues, a dozura da cantiga galega, o cálido dos boleros, a ledicia do regae, a enerxía da música africana... Miscelánea musical, músicas de antes e de agora interpretadas dun xeito moi particular!!!

 

Iria e Gonzalo comezan este novo proxecto con moitas ganas de sorprender a todos coas súas versións e seguro que o conseguen. Así que mañá xoves temos unha cita con eles en Detrás do Marco.

 

 

1 oct 2012

ESTA SEMANA, DÚAS ACTUACIÓNS EN DETRÁS DO MARCO

Esta semana teremos dúas actuacións en Detrás do Marco.
-A primeira celebrarase o xoves 4 de outubro (20.30 horas). Dous dos compoñentes de Clave de FaDo Iria Estévez, a vocalista, e Gonzalo Piña,baixista-guitarrista, son Sonidonia. Neste proxecto atrévense con músicas de diferentes estilos e de moi diversas orixes, mesturando o encanto dos fados, a forza do blues, a dozura da cantiga galega, o cálido dos boleros, a ledicia do regae, a enerxía da música africana... Miscelánea musical, músicas de antes e de agora interpretadas dun xeito moi particular!!!
-A segunda será o sábado 6 de outubro, na terraza de Detrás do Marco, a partir das seis da tarde, coa actuación dos grupos Caraba, Baldosa Amarilla e Los Lentos.

 

28 sept 2012

MAÑÁ 29 DE SETEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE XULIA XESUSA LEIVA “MIRADAS”

Mañá 29 de setembro (20:30 horas) celebraremos a exposición de Xulia Xesusa Leiva “Miradas”, que permanecerá en Detrás do Marco (R./ Londres s/n) ata o próximo día 17 de outubro.
 
Xulia, nada en Pontesampaio (Pontevedra), dende moi temperá idade se sentiu atraída polos traballos artesanais, as manualidades e a pintura, aos que non puido dedicarse debido ao momento económico e político que lle tocou vivir e que lle supuxo un impedimento á hora de achegarse ao mundo artístico.

Asistiu a clases de modelado, baleirado e moldes co escultor vigués Remigio Dávila e estudou talle en madeira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde actualmente recibe clases de cerámica.

"Miradas" é a súa primeira exposición individual de pintura, tras participar en varias exposicións colectivas de cerámica e talle. Dende hai tres anos acode ás clases de debuxo e pintura impartidas polo artista Nelson Villalobos, do que afirma que lle deu a seguridade e o impulso creativo, permitíndolle, mediante o seu traballo, achegarse a un mundo que respecta e admira.

 
 

17 sept 2012

O xoves 20 de setembro, concerto de Rubén de Lis

Rubén de Lis será o protagonista o xoves 20 de setembro. O cantautor galego ofrecerá un concerto na terraza de Detrás do Marco (20:30 horas), no que fará versións de grandes cancións e ofreceranos os seus propios temas.

4 sept 2012

O XOVES 6 DE SETEMBRO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "OLLADAS DENDE A DIVERSIDADE"



"Olladas dende a diversidade" amosa a obra pictórica de dous alumnos autistas da Fundación Menela. O acto celebrarase o xoves 6 de setembro ás 12 horas e contaremos coa presenza da concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas. Yolanda Manrique Pereira e Luis Eduardo González Núñez son os dous artistas que amosarán os seus cadros en Detrás do Marco entre os días 6 e 25 de setembro.

29 ago 2012

O VENRES 31 DE AGOSTO, DEGUSTACIÓN DE SIDRA E QUEIXOS ASTURIANOS

O próximo vernes 31 de agosto (20:30 horas) en Detrás do Marco (R./ Londres s/n) poderedes gozar da cualidade dos produtos asturianos. Coa compra dunha sidra natural, ofreceremos unha degustación de queixos asturianos. Os universitarios, co seu carné, terán un desconto no coste da botella.
Esta promoción realizarase ata fin de existencias.

Precio da botella: 4,5 euros
Para universitarios: 4 euros